slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

SAÍDAS

Saída 1ºe 2ºE.P. 13-11-18                        CORUÑA 04/02/19

Resultado de imagen de muiños da barosa         

MUÍÑADA DA BAROSA

APIPOLIS

PARLAMENTO + XUNTA

 

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR - BIENIO 2018-2020

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL:

O mércores 7 de novembro procedeuse á Constitución da Xunta Electoral e posterior aprobación do calendario electoral e dos censos. Podedes consultalos no taboleiro do centro a partir de mañá día 9 de novembro.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: 

Dende o día 9 ao 19 de novembro.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS:

Animámosvos a presentar as vosas candidaturas dende mañá día 9 ao 16 novembro.

ELECCIÓNS:

As eleccións serán o 28 de novembro.

CALENDARIO ELECTORAL: CONSELLO ESCOLAR 2018-2020

7 de novembro

- Sorteo na Sala de mestres ás 14:00 h para a formación da Xunta Electoral

- Comunicación aos interesados

- Composición:

- Presidente : Director

- Vocal – Secretario : 1 profesor titular/1 profesor suplente

- Vocal : 1 pai titular/1 pai suplente

- Vocal : 1 persoal non docente

8 de novembro

- Constitución da Xunta electoral

- Aprobación do calendario electoral

- Aprobación dos censos.

9 de novembro

- Publicación dos censos

- Período de reclamacións do 9 ao 19 de novembro

9-16 de novembro (ata as 14:00 h do día 16)

- Presentación de candidaturas de familia e do profesorado

19 de novembro

- Reunión da Xunta electoral para a proclamación das candidaturas

20-21 de novembro

- Período de reclamación das candidaturas

21 de novembro

- Fin do prazo de reclamacións ás candidaturas e ao censo electoral

22 de novembro

- Reunión da Xunta electoral para resolver as reclamacións (se as houbera)

- Proclamación definitiva de candidatos/as

- Sorteo de :

- Mesa electoral familias:

                 Composición :

                 Presidente: Director

                 Vocais: 4 pais titulares /4 suplentes

                 Secretario/a O pai/nai de menor idade

 

-Mesa electoral do profesorado.

                 Composición:

                 Presidente: Director

                 Vocal: O mestre de maior idade

                 Secretario/a: O mestre de menor idade

28 de novembro

- Votación das candidaturas das familias: de 11:15 -14:00 h

- Votación das candidaturas dos mestres: de 11:15-12:00 h. Claustro extraordinario ás 14:15 horas

29 de novembro

- Reunión da Xunta Electoral para a proclamación de representantes electos.

30 de novembro

- Constitución do novo Consello Escolar.

- Comunicación oficial á Xefatura Territorial (Inspección Educativa)

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Comunícase que se inicia o período para as eleccións ao Consello Escolar do centro.

O calendario de todo o proceso estará exposto no taboleiro de anuncios do centro, comezando coa constitución da Xunta Electoral que será quen velará polo desenvolvemento das eleccións.

A Xunta Electoral estará formada por:

-       Presidente: Director/a

-       Vocal – Secretario: 1 profesor/a titular/1 profesor/a suplente

-       Vocal: 1 pai/nai titular/1 pai/nai suplente

-       Vocal: 1 persoal non docente

Esta,elexirase o mércores día 7 de novembro mediante un sorteo público a celebrar na sala de mestres/as ás 14:00 horas, e do cal o resultado será comunicado aos interesados.

A Xunta Electoral constituirase o xoves 8 de novembro.  

 

Debido á importancia da representación dos pais/nais no Consello Escolar, animámosvos a participar en todo o proceso.

 

LISTAXE DE LIBROS DEFINITIVA

Adxuntamos a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018 - 2019

Esta é a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso. Lembren non mercarlles os libros a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, dado que, de haber existencias no centro, se lles proporcionarían de xeito gratuíto.

Moitas grazas.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Publicamos a listaxe definitiva de admitidos no Fondo Solidario de libros de texto, coa adxudición dos libros que recibe cada alumno/a.

Lembrámoslles que non merquen os libros ata setembro, dado que, no caso de termos libros no banco de libros do centro, se lles proporcionarían de maneira gratuíta, aqueles que non figuren na adxudicación.

Avisamos, ademais, que xa están dispoñibles os cheques de axudas de material e libros de texto, polo que xa poden vir buscalos.

Moitas grazas.

LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS CHEQUES

Publicamos a listaxe provisional cos libros que se lle axudican a cada alumno/a para o vindeiro curso 2018/2019, así como a listaxe de admitidos e excluídos dos vales de libros e material escolar.

Informamos de que a partir de hoxe, teñen dous días hábilies para posibles reclamacións. Despois publicaremos as listaxes definitivas.

Moitas grazas.

 

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO CURSO 2018-2019

Publicamos a lista definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2018 - 2019, así como a listaxe dos alumnos admitidos en comedor.

Un saúdo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer