slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

AXUDAS MUNICIPAIS ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO CONCELLO

A Concellalía de Asuntos Sociais do Concello de O Grove informa que a partir do día 3 de xuño e ata o 28 do mesmo mes estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de axudasmunicipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro curso 2019-2020.

As axudas van dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza SecundariaObligatoria.

 As axudas concederanse tendo en conta o nivel de ingresos familiares, e será requisito imprescindible cursar estudos en centros sostidos con fondos públicos do concello de O Grove.

 As solicitudes presentaranse acompañadas da seguinte documentación:

 

-           Fotocopia do DNI do solicitante.

-           Fotocopia do libro de familia (de todas as follas).

-           Volante de empadroamento familiar

-           Xustificante de ingresos de todos os membros da unidade de convivencia (preferentementedeclaración da renda do exercicio de 2018).

-          Xustificante de matrícula.

-          Contrato/recibo do aluguer do piso  ou do pagamento da hipoteca

A documentación deberá entregarse no SERVIZO de REXISTROMUNICIPAL

(EdificioAdministrativodo Concello. Rúa Alcalde Xacobe Barral Otero nº 3, planta baixa)

PROA

ESTE LUNS 27 NON HABERÁ PROA, POLO QUE TAMPOUCO PASARÁ O TRANSPORTE.

O MARTES 28 SEGUIRÁN AS CLASES COMO ATA AGORA.

 

UN SAÚDO!

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DO 3º CURSO DA EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias:

O vindeiro martes 28 e mércores 29 de maio, terá lugar no centro educativo o desenvolvemento da avaliación individualizada do terceiro curso da Educación Primaria.

ÁMBITO DE APLICACIÓN

  • ALUMNADO 3º EDUCACIÓN PRIMARIA

FINALIDADE

Comprobar o grao de dominio de:

  • DESTREZAS
  • CAPACIDADES
  • HABILIDADES

en relación a:

  • EXPRESIÓN E COMPRENSIÓN ORAL
  • EXPRESIÓN E COMPRENSIÓN ESCRITA
  • CÁLCULO
  • RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS

TERÁ CARÁCTER:

  • INFORMATIVO E ORIENTADOR PARA O ALUMNADO, FAMILIAS, EQUIPO DOCENTE, CENTROS E ADMÓN EDUCATIVA

 

RESOLUCIÓN

XORNADAS DE NAIS E PAIS

Estimadas familias:

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando as XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos. É unha actividade formativa destinada a sensibilizar ás familias e ao público en xeral na educación en igualdade e prevención da violencia de xénero.

Para intentar facilitar a asistencia ás familias e profesorado esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:

·         A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).

·         LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).

·         PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).

·         OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020

Estimadas familias:

O día 20 de maio saíu a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

PODEDES PASARVOS XA POLO CENTRO A BUSCAR OS ANEXOS (I/II) PARA CUBRIR E SOLICITAR DITAS AXUDAS.

DEBERÁN SER ENTREGADOS DE VOLTA NA SECRETARÍA DO CENTRO OU NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA.

 

 

Un saúdo!

DÍA NON LECTIVO LUNS 20 DE MAIO

Estimadas familias:

 

O vindeiro luns 20 de maio non haberá clase porque é un dos días non lectivos que collen os centros educativos de O Grove.

A incorporación as aulas será o martes 21 de maio.

 

Un saúdo!

CHARLA NOVAS TECNOLOXÍAS PARA FAMILIAS

Estimadas familias:

O vindeiro martes 21 de maio ás 18:30 horas, terá lugar no noso centro unha charla destinada a nais/pais/titores/as legais, sobre as Novas Tecnoloxías (uso axeitado da rede, dos dispositivos móviles…) e perigos de  Internet, a cargo da Garda Civil de Vilagarcía (quenes xa traballaron co alumnado a principios de curso). Tamén nos informarán sobre as consecuencias que pode ter un uso inapropiado por parte dos nosos fillos/as.

É moi importante para nós, como centro educativo, contar coa vosa presenza na mesma como membros da comunidade educativa, debido ao gran auge que teñen as novas tecnoloxías hoxe en día na sociedade na que vivimos, e poder evitar así, un mal uso das mesmas por parte dos vosos fillos/as (o noso alumnado).

Agardámovos!

A Dirección

ADMISIÓN DEFINITIVA ALUMNADO 2019-2020

Aviso as familias!!!

A continuación móstrase a listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2019-2020, así como os admitidos no comedor.

Están tamén colgados no taboleiro de anuncios do centro.

Clicade enriba do curso correspondente.

 

Un saúdo!

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Coa celebración do día e semana do libro, este ano, os nenos/as de 5º de Educación Primaria, apadriñaron a todo o alumnado do centro, dramatizando para iso, contos elexidos da biblioteca do cole.

Pasárono en grande e desfrutaron moito representando os contos. Os asistentes e observadores (Educación Infantil e 1º-2º-3º-4º-6º de Educación Primaria) desfrutaron tanto coma eles/as, estando moi atentos/as e botándose unhas risas!!

Unha experiencia que sen dúbida, se volverá a repetir de cara o vindeiro curso!!!

Botádelle unha ollada o vídeo! Clicade na foto!

SEMANA DO LIBRO

Boas a tod@s!!!

Pola semana do libro do 23 ao 26 de abril, os nenos/as de 6º de Educación Primaria, fixeron de padriños lectores dos máis pequenos, os nenos/as de Educación Infantil. Baixaron a lerlle diferentes contos, e así, inculcarlle o hábito pola lectura de forma divertida.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

Cliclade sobre o libro!

                                   

Un saúdo!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer