slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

BENVIDA CURSO ESCOLAR 2019-2020

Estimadas familias:

Benvid@s a un novo curso escolar do que non nos cabe ningunha dúbida de que os nenos/as aprenderán, se divertirán, experimentarán e crecerán como persoas. Para iso, tamén precisamos da vosa colaboración, da cal estamos orgullosos e agradecidos pola prestada o pasado curso, e estar todos unidos, ser unha gran piña.

Se tod@s camiñamos no mesmo sentido, todo é moito máis sinxelo.

O comezo das clases terá lugar o vindeiro MÉRCORES 11 DE SETEMBRO ÁS 8:45 horas.

Alí vos agardamos cos brazos abertos e en especial aos nosos nenos e nenas, os cales virán cheos de enerxía e coas pilas cargadas, como a nós nos gusta!!

A continuación detállanse as diferentes reunións que terán lugar durante este mes de setembro:

  • Educación Infantil: LUNS 9 DE SETEMBRO ÁS 10:00 horas, aulas de E. Infantil. 
  • Educación Primaria: MARTES 17 DE SETEMBRO ÁS 16:30 horas, no salón de actos.

Un saúdo!

MENÚS COMEDOR ESCOLAR

         

     CURSO 2023-2024

     

      

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITUDES ADMITIDAS NO FONDO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2019-2020

A continuación, poden ver a a publicación da listaxe definitiva de admitidos no Fondo Solidario de libros de texto coa adxudición de libros que recibe cada alumno/a.

Lembrámoslles que non merquen os libros ata setembro, dado que, no caso de termos libros no banco de libros do centro, se lles proporcionarán de maneira gratuíta a aquel alumnado que non figure na adxudicación.

Avisamos tamén, de que xa están dispoñibles os cheques para as axudas de material e libros de texto, polo que, en canto poidan poden pasar polo centro a recollelos.

Moitas grazas.

 

LISTAXE LIBROS 2019-2020

A CONTINUACIÓN DETALLAMOS A LISTAXE DE LIBROS PARA CADA UN DOS NIVEIS EDUCATIVOS DO VINDEIRO CURSO 2019-2020.

 

UN SAÚDO!

 

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUIDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

A CONTINUACIÓN MOSTRAMOS AS LISTAXES DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

HAI DOUS DÍAS HÁBILES (DENDE HOXE ATA O MÉRCORES 03/07/2019) PARA FACER ALGUNHA RECLAMACIÓN.

O ALUMNADO DE 5º EP, ESTÁ ACEPTADO DENTRO DO EDIXGAL POLO QUE NON  CONTARÁ COA AXUDA DO FONDO DE LIBROS.

O XOVES 04/07/19 PUBLICAREMOS A LISTAXE DEFINITIVA. CHAMAREMOS AS CASAS PARA A RECOLLIDA DOS VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.

UN SAÚDO!

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

ATENCIÓN AS FAMILIAS:

Todo o alumnado de nova incorporación para o vindeiro curso escolar 2019-2020, poderá pasar polo centro educativo para recoller o Anexo III, e completar así a FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA.

O PRAZO PARA FACELO ESTARÁ ABERTO DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO (ambos inclusive).

Un saúdo!

CELEBRACIÓN I FEIRA DA CIENCIA

Boas a tod@s:

Dende o Ceip Plurilingüe de Conmeniño queremos darvos as grazas a todos os pais/nais/familiares e visitantes que vos acercástedes ao centro e nos acompañástedes na nosa I Feira.

Alégranos moito de que puidésedes ver todo o traballo realizado polo alumnado ao longo do curso escolar, e eles de poder presentárvolo.

As caras de ledicia, entusiasmo, emoción e nerviosismo do noso alumnado por querer mostrárvolo e facelo ben, fai que nós coma mestres/as, nos sintamos orgullosos e amemos tanto esta profesión.

Grazas ao alcalde Jose Cacabelos e aos concelleiros por vir inaugurala mesma.

Tamén a nosa ANPA RAÚL BOULLOSA, quen sempre está aí para o que precisamos e que nos deleitaron cunha merenda saudable de froita variada, zumes, biscoitos, auga... que tanto pequenos coma grandes puideron degustar e así coller forzas para a clausura da Feira.

En breve subiremos un vídeo resumo do que foi a nosa Feira. Estade atentos!!

 

Unha aperta forte!!

I FEIRA DA CIENCIA

Estimadas familias:

O vindeiro venres 14 de xuño ás 9:30 horas, celebraremos no Ceip Plurilingüe de Conmeniño a nosa I Feira da Ciencia.

Nela os diversos cursos exporemos nun STAND o noso traballo a través de diferentes proxectos que fixemos ao longo do curso.

Nesta velada haberá diferentes obradoiros sobre as estacións do ano, experimentos, agricultura, robótica, contaminación dos plásticos nos mares, a fotografía e diferentes aspectos relacionados coa ciencia , xa que é a temática deste ano.

Poderá acercarse todo aquel que queira ver os nosos traballo e esforzo.

Deixámosvos o tríptico do programa para ese día:

TRÍPTICO

Agardámosvos vos brazos abertos!

 

CAMPAMENTO DE VERÁN E CAMPAMENTO DEPORTIVO

Estimadas familias:

Poñemos a vosa disposición os carteis do Campamento de verán e o Campamento deportivo que  ofertan dende o Concello de O Grove.

 

DÍPTICO CAMPAMENTO DEPORTIVO

DÍPTICO CAMPAMENTO DE VERÁN

CARTEL CAMPAMENTO VERÁN

PROA (FIN)

Estimadas familias:

O contrato programa PROA que se ven impartindo no centro educativo dende febreiro de luns a xoves pola tarde, rematará o vindeiro xoves 13 de xuño.

Un saúdo!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer