Skip to Content

   

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (curso 2024-2025

Normativa reguladora: Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educacion primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024-2025.

Beneficiarios: a continuación achégase un resumo dos participantes que poden solicitar cada modalidade.

  • Fondo solidario de libros de texto: 3º e 4º  curso de Educación Primaria (O alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria non participa no Fondo Solidario de libros de texto dado que o centro educativo está participando no programa E-Dixgal).
  • Axuda para adquirir libros de texto: 1º e 2º curso de Educación Primaria.
  • Axuda para adquirir material escolar: alumnado da etapa educativa de Educación Primaria.

Prazo de presentación: iniciarase o 21 de maio de 2024 e finalizará o 21 de xuño de 2024 (incluído).

Xestión de solicitudes: as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente no centro educativo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Listaxe definitiva de solicitudes de admisión admitidas e non admitidas (curso 2024-2025)

Pode consultarse no taboleiro interior do CEIP Plurilingüe Concepción López Rey a listaxe definitiva de solicitudes de admisión admitidas e non admitidas. Se ben cómpre informar de que todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Procedemento de admisión para o curso 2024-2025

O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez no CEIP Plurilingüe Concepción López Rey de Baleira, debe facer a solicitude de admisión seguindo as instrucións que se detallan no documento adxunto que se engade nesta publicación.

Ademais tamén se engaden noutros ficheiros anexos os impresos de solicitude de admisión en galego e castelán. Estes impresos tamén están ao seu dispor na aplicación 'Admisionalumnado' para realizar os trámite de xeito telemático.

  • O prazo para a presentación da solicitude de admisión vai dende o 1 de marzo de 2024 ata o 20 de marzo de 2024.
  • O prazo para formalizar a matrícula vai dende o 20 de xuño de 2024 ata o 30 de xuño de 2024.

Cómpre lembrar que tal e como se recolle no artigo 5 da Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, a admisión e matriculación nun centro docente público implica respectar o seu Proxecto Educativo.

Xornada de portas abertas 2024

Publicación definitiva da solicitude de reserva de praza en centros adscritos (curso 2024-2025)

Xa está publicada no taboleiro interior da planta baixa do CEIP Plurilingüe Concepción López Rey a relación definitida de alumnado admitido en relación á solicitude de reserva de praza para cursar 1º curso de Educación Secundaria Obrigatoria no cuso 2024-2025 no centro adscrito (CPI Plurilingüe de Castroverde).

Infórmase de que todo o alumnado que cursou a solicitude resultou admitido.

Para calquera dúbida ou consulta poden poñerse en contacto co centro a través das canles de comunicación oficiais.

Reserva de praza en centros adscritos para o curso 2024-2025

As familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria matriculados no curso 2023-2024 no CEIP Plurilingüe Concepción López Rey de Baleira que queiran que o/a seu/súa fillo/a estude 1º curso de Educación Secundaria Obrigatoria no CPI de Castroverde, centro de adscrición do CEIP Plurilingüe Concepción López Rey, terán que entregar a solicitude de reserva de praza dende o día 15 de xaneiro de 2024 ata o 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos. 

A continuación detállase o procedemento para cumplimentar este trámite:

Cubrirase a solicitude na aplicación admisionalumnado ou en formato físico descargando a solicitude a través desta ligazón ou solicitando o impreso no centro.

Plataforma de préstamo de contidos dixitais para Bibliotecas Escolares: plataforma E-LBE.2

O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), programa no que estamos inmersos dende este curso 2023-2024, ofrécenos a posibilidade de traballar a lectura en formato dixital, dándonos acceso a unha plataforma de préstamos de contidos dixitais E-LBE.2, para ampliar as experiencias e a mellora da nosa competencia lectora e hábitos de lectura.

Obradoiro 'Coeduca' 23/24: programa de radio coeducativa

No mes de novembro tivemos a sorte de recibir un ano máis no noso centro ao equipo de 'Coeduca', froito do esforzo e da preocupación da ANPA do CEIP Plurilingüe Concepción López Rey de Baleira por educar en igualdade, e por fomentar sempre valores de tolerancia e respecto mútuo entre iguais.

Nesta ocasión o alumnado participou, entre outras actividades, nun obradoiro de radio coeducativa. Cabe remarcar que o mérito deste traballo é que o propio alumnado dirixiu tanto a mesa de mezclas como a locución do programa dando como resultado isto que vos deixamos por aquí premendo nos links ou na imaxe.

Procedemento de autodeclaración dos prezos públicos para a utilización do comedor escolar no curso 2023-2024

Publicada a Instrución 2/2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2023-2024, infórmase de que as familias do alumnado comensal no comedor escolar debe facer entrega do modelo-impreso de autodeclaración dos prezos públicos (ANEXO II) antes do día 1 de setembro de 2023.

Mediante este documento, as familias autodeclararán as circunstancias de carácter persoal e de renda neta per cápita familiar correspondente ao exercicio fiscal 2022, e, conseguintemente, determinarán a contía do prezo público que lles corresponde aboar.

A efectos de prestar axuda á hora de orientar ás familias no cálculo do importe de prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase a seguinte calculadora virtual (premer na ligazón).

Como podo presentar o modelo de autodeclaración?

Instrucións para a formalización da matrícula (curso 2023-2024)

O alumnado de nova incorporación ao CEIP Plurilingüe Concepción López Rey de Baleira que resultou admitido durante o procedemento de admisión, debe realizar a matrícula no prazo que vai dende o día 20 de xuño de 2023 ata o día 30 de xuño de 2023.

A documentación a presentar para a realización da matrícula é a seguinte:

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (curso 2023-2024)

Normativa reguladora: Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educacion primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023-2024.

Beneficiarios: a continuación achégase un resumo dos participantes que poden solicitar cada modalidade.

  • Fondo solidario de libros de texto: 3º e 4º  curso de Educación Primaria (O alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria non participa no Fondo Solidario de libros de texto dado que o centro educativo está participando no programa E-Dixgal).
  • Axuda para adquirir libros de texto: 1º e 2º curso de Educación Primaria.
  • Axuda para adquirir material escolar: alumnado da etapa educativa de Educación Primaria.

Prazo de presentación: iniciarase o 20 de maio de 2023 e finalizará o 21 de xuño de 2023 (incluído).

Xestión de solicitudes: as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente no centro educativo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación requerida: as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:

Listaxe definitiva de solicitudes de admisión admitidas e non admitidas

Pode consultarse no taboleiro interior do CEIP Plurilingüe Concepción López Rey a listaxe definitiva de solicitudes de admisión admitidas e non admitidas. Se ben cómpre informar de que todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Listaxe provisional de solicitudes de admisión admitidas e non admitidas

Pode consultarse no taboleiro interior do CEIP Plurilingüe Concepción López Rey a listaxe provisional de solicitudes de admisión admitidas e non admitidas. Se ben cómpre informar de que todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Información sobre o Programa 'SpringWeek'

As familias do alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria teñen á súa disposición información relativa ao Programa 'SpringWeek', unha experiencia de inmersión lingüística en lingua inglesa na que participa o centro no presente curso escolar, concretamente do 11 ao 17 de xuño de 2023.

Para acceder ao documento informativo deben premer na imaxe. Calquera  outra dúbida que poida xurdir ao respecto, non dubiden en poñerse en contacto co centro.

 

Procedemento de admisión para o curso 2023-2024

O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez no CEIP Plurilingüe Concepción López Rey de Baleira, debe facer a solicitude de admisión seguindo as instrucións que se detallan no documento adxunto que se engade nesta publicación.

Ademais tamén se engaden noutros ficheiros anexos os impresos de solicitude de admisión en galego e castelán. Estes impresos tamén están ao seu dispor na aplicación 'Admisionalumnado' para realizar os trámite de xeito telemático.

  • O prazo para a presentación da solicitude de admisión vai dende o 1 de marzo de 2023 ata o 20 de marzo de 2023.
  • O prazo para formalizar a matrícula vai dende o 20 de xuño de 2023 ata o 30 de xuño de 2023.

Cómpre lembrar que tal e como se recolle no artigo 5 da Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos, a admisión e matriculación nun centro docente público implica respectar o seu Proxecto Educativo.

Publicación definitiva da solicitude de reserva de praza en centros adscritos (curso 2023-2024)

Xa está publicada no taboleiro interior do centro a relación definitida de alumnado admitido en relación á solicitude de reserva de praza para cursar 1º curso de Educación Secundaria Obrigatoria no cuso 2023-2024 no centro adscrito (CPI Plurilingüe de Castroverde). Todo o alumnado que cursou a solicitude resultou admitido.

Para calquera dúbida ou consulta poden poñerse en contacto co centro a través das canles de comunicación oficiais.

Comunicación da Comisión Escolar de Alertas: SUSPENSIÓN do transporte escolar para mércores 18/1/23

A Comisión Escolar de Alertas acordou a SUSPENSIÓN do transporte de escolares DURANTE O MÉRCORES 18 DE XANEIRO DE 2023 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo, como é o caso do CEIP Plurilingüe Concepción López Rey pertencente ao Concello de Baleira.

Recoméndase a toda a comunidade educativa facer un seguimento dos partes meteorolóxicos e de novas alertas que puidesen xurdir a través das canles de comunicación oficiais do centro, ante a POSIBILIDADE DE QUE SE SUSPENDA A ACTIVIDADE LECTIVA durante a xornada do mércores 18 de xaneiro de 2023.

Reserva de praza en centros adscritos para o curso 2023-2024

As familias do alumnado de 6º curso de Educación Primaria matriculados no curso 2022-2023 no CEIP Plurilingüe Concepción López Rey de Baleira que queiran que o/a seu/súa fillo/a estude 1º curso de Educación Secundaria Obrigatoria no CPI de Castroverde, centro de adscrición do CEIP Plurilingüe Concepción López Rey, terán que entregar a solicitude de reserva de praza dende o día 16 de xaneiro de 2023 ata o 6 de febrero de 2023. A continuación detállase o procedemento para cumplimentar este trámite:

- Cubrirase a solicitude na aplicación admisionalumnado ou en formato físico descargando a solicitude a través desta ligazón ou solicitando o impreso no centro.

- Presentarase a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, a propia aplicación de admisionalumnado xa permite facelo dirixindo ao sitio, ou de xeito presencial no CEIP Plurilingüe Concepción López Rey.

As familias que desexen que o/a seu/súa fillo/a estude noutro centro distinto ao centro adscrito, terán que facer entrega da solicitude de admisión de praza entre os días 1 de marzo de 2023 ata o 21 de marzo de 2023

Publicacións relativas á renovación do Consello Escolar

Como se recolle na comunicación emitida pola Xunta Electoral, toda a información relativa ao proceso de renovación do Consello Escolar (censo dos/das pais/nais/titores legais, actas das reunións da Xunta Electoral, convocatorias, etc.) será publicada no taboleiro interior do CEIP Plurilingüe Concepción López Rey.

 

Xacobeando

O xoves 13 de outubro tivemos a oportunidade de recibir no noso centro ás voluntarias do programa ‘Xacobeando’, un programa da Xunta de Galicia que ten o obxectivo de promover a solidariedade no Camiño de Santiago.

As voluntarias de Xacobeando que arestora se atopan no Camiño Primitivo ao seu paso polo Concello de Baleira transmitíronnos a importancia da sustentabilidade no camiño e na vida, concienciándonos sobre a necesidade de colaborar para poñer en marcha prácticas de reciclaxe e hábitos de consumo responsable.

Pero non só iso, senón que tamén tivemos oportunidade de poñer en práctica conversas en lingua inglesa dado que a maioría destas voluntarias procedían de diferentes países do continente europeo. Agardamos que volvades pronto! Come back soon!

O CB Breogán no Camiño Primitivo

O martes 4 de outubro recibimos no noso centro a varios integrantes do CB Breogán cos que puidemos compartir parte da mañá.

Horario do centro de outubro a maio

Dende o luns, 3 de outubro de 2022 e ata o mércores, 31 de maio de 2023 seguiremos o horario habitual do centro en xornada partida.

A continuación podedes ver dun xeito máis concreto o desenvolvemento da xornada lectiva durante os próximos oito meses de curso escolar 2022-2023:

Comezo da actividade lectiva no curso 2022-2023

Como recolle a Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, as actividades lectivas nas ensinanzas de Educación Infantil e de Educación Primaria realizaranse dende o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

Polo tanto, o xoves 8 de setembro será o primeiro día de clase deste curso 2022-2023.

 

Fotos de recordo curso 2021-2022

Fotos de recordo do curso 2021-2022

Despedida e graduación 2021-2022

Onte foi un día de emocións intensas e de despedidas. O alumnado de 6º de primaria despedíase do colexio e houbo moitas bagoas e recordos que fixeron a despedida moi dura. Tamén os nenos de 6º de infantil cambian de etapa e despedíanse de infantil. En canto o persoal docente foi un ano de moita armonía e compañeirismo que fixo moi doada a nosa labor porque nos sentiamos coma na casa, e unha mágoa que cada un colla diferentes destinos, pero Encarna seguirá no centro recibindo o ano que ven a nova remesa de alumnado de infantil e asesorando aos novos docentes con moito cariño como fixo este ano con nós. Asi que esperamos so que o centro siga na liña de mellora deste curso e os novos profes fagan de Baleira un centro punteiro.

Aquí vos deixamos uns enlaces a uns videos feitos con moito agarimo para recordar a estas promocións e desexámosvos rapaces e rapazas toda a sorte de mundo en Castroverde.

BO VERÁN!

 

https://drive.google.com/file/d/1fQAOBYiVPFJvHp-Mx9cKGP4Q8RAd-JG6/view?usp=sharing  video despedida 6º primaria

 

https://drive.google.com/file/d/14BursmDWvExgA4fSN1Y-wNiwc3-z_Rb7/view?usp=sharing   Video infantil cambio etapa

Festival día das Letras Galegas 2022

O pasado venres 13 de maio tivemos unha pequena celebración co gaio do día das letras galegas. Os rapaces e rapazas fixeron varias actuacións:

Os alumn@s de infantil agsaiáronnos cunha peza que leva por nome " Unha vella tiña un can" e tamén coa canción en linguaxe signos "Ven comigo"

O alumnado de 1º 2º e 3º fixeron unha interpretación con voz e instrumentos e movementos da canción popular "Eram sam sa"

Finalmente o alumnado de primaria fixo unha versión da canción "Terra" das Tanxugueiras empregando instrumentos, baile e voz, asi coma percusión corporal.

Ao acto acudiron numerosas familias e despois disto inauguramos o noso horto escolar coas familias.

Para rematar o día Anxo Moure veu ao colexio e contounos unha morea de historias, fixonos cantar e pensar en moitos valores moi importantes e fixo que toda a comunidade educativa se unise nunha tarde solleira de risas e xogos. Tampouco faltaron os paseos na bibliobicicleta de Anxo.

Distribuir contido


by Dr. Radut