Luz negra no Entroido

As nenas e nenos das aulas do lazo verde e amarelo tiveron unha sorpresa sensorial neste Entroido. A profe Cris contoulles o conto de Leotolda coa maxia da luz negra que resalta as cores. Despois puideron disfrutar dos talleres coa mesma experiencia sensorial: taller de antefaces, debuxo de Leotolda, construcións de cores, mesa de luz e colares e máscara do Entroido galego elaboradas en impresora 3D.