Visita d@s bibliotecari@s do Forum

As bibliotecarias e bibliotecario do Fórum Metropolitano viñeron ao cole para achegarnos un pouco mais á lectura. Representaron uns contos divertidos, musicais e de monicreques que ao alumnado de quinto de infantil encantoulles. Emprestáronnos unha maleta con contos para dinamizar a biblioteca de aula. E por suposto invitáronnos a visitar a biblioteca do Fórum, a facer o carnet e disfrutar de todas as actividades que alí se levan a cabo. Grazas!!!