CONVOCATORIA BOLSAS COMEDOR MUNICIPAIS 23-24

Onte 09 de outubro de 2023 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, as listaxes definitivas que se acompañan coa Resolución de concesión de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2023-2024. Pódense consultar en:

 -         Taboleiro de edictos https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=enter&edictos=true

-         Páxina web de servizos sociais  https://www.coruna.gal/serviciossociales/

-         Taboleiros dos centros cívicos municipais

 Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

Con esta publicación ábrese o prazo para a interposición do recurso potestativo de reposición que será dun mes, do 10 de outubro ao 9 de novembro, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Bolsa comedor