Características do centro

 
     O CEIP Plurilingüe Concepción Arenal é de titularidade pública, dependendo da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. O seu mantemento corre a cargo do Concello de A Coruña.
     O colexio é un centro de escolarización preferente para alumnado con deficiencia motriz.

Enderezo: Rúa Marqués de Amboage, nº 2, 15006,  A Coruña.
Telf: 881 88 00 66

Fax: 881 88 00 69
E-mail: ceip.concepcion.arenal@edu.xunta.es
Web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipconcepcionarenal/
Revista electrónica:http:/ejournal.eduprojects.net/CEIPconcepcionarenal/
 
Horario escolar: de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Tramos educativos:  Educación Infantil (de 3 a 6 anos): Ademais das ensinanzas establecidas pola lexislación vixente para esta etapa educativa, os alumnos reciben clases de: Música, Inglés e Psicomotricidade.
Educación Primaria (de 6 a 12 anos)
 
     Dende o curso 2010-2011 somos un centro Plurilingüe, polo que a Expresión Plástica se imparte en Inglés. No presente curso escolar se imparte dese xeito nos cursos primeiro, segundo , terceiro, cuarto,quinto e sexto de Primaria. 
Para apoiar o ensino da lingua oral inglesa, contamos cun Auxiliar de Conversa.
 
     Dende o 2011-2012 somos un centro Abalar, polo que as aulas de 5º e 6º de Primaria son aulas dixitais (están equipadas con  proxector, encerado dixital interactivo, pórtatil para o profesorado, ultraportátiles para cada un dos alumnos, armarios de carga e redes wiffi).
    Ademais, temos todas as aulas nos distintos niveis equipadas con ordenadores, proxectores, PDI e conexións wifi.
 
Outros servizos:
Madrugadores: xestionado pola AMPA, con horarios dende as 7:30 h. e posibilidade de   almorzar ou non.
Comedor Escolar: xestionado pola AMPA, con servicio de cátering, en horario de 14,00   a 16, 00 h.(*).
Actividades Extraescolares, para tódalas idades, en horario de 16,00 a 18,00 h.
Transporte escolar: Para o alumnado con deficiencia motriz.
As Infraestructuras coas que conta son as seguintes:
   -Pavillón Polideportivo (compartido co IES Fernando Wirtz)
   -Patios.
   -Aula de Informática.
   -Ascensor e rampas.
(*)Características do comedor:
    -Servizo de comida, en horario de 14 a 16 horas.
    -Sesións de hixiene persoal e actividades lúdicas despois da comida.
    -Comida de "cátering" tipo caseiro, con posibilidade de dietas con prescrición médica.
     Persoal: monitores especializados, camareiros...
     Posibilidade de inscrición por días ou semanas soltas.
     Inscrición: na AMPA do centro (aparenal@gmail.com)