blogue deadmin

DIGOCHO EU¡

E chegou a gala final e o alumnado de 2º de primaria, finalista do Dígocho eu¡, asistiu á gala final na TVG en Santiago. Unha nova experiencia.

 

 

Obradoiro de gaitas Seivane

O alumnado de 5º de EP foi a coñecer o Obradoiro de gaitas de Seivane en Cambre, unha potente empresa galega na construcción, comercialización e exportación de gaitas.

 

Recollida de lixo na praia de Santa Cruz

Nesta ocasión, foi o alumnado de 3º e 4º os que comprobaron o estado das nosas praias e a cantidade de lixo que deixamos nelas contaminando o noso ecosistema.

 

Letras Galegas 2023

Conmemoramos o día das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego recordando a outros e outras grandes escritores e escritoras da nosa lingua.

Feliz Día das Letras Galegas¡¡

Recollida de lixo na praia de Santa Cristina

O alumnado de 5º acudiu a praia de Santa Cristina a revisar o estado da praia en canto a residuos, recollendo, nunha hora e media, varios quilos de plásticos e restos, comprobando así a importancia da xestón axeitada de residuos.

Visita de Ledicia Costas

Esta semana visitou ao noso alumnado de 5º de Educación Primaria, Ledicia Costas, escritora que nos contou anécdotas e asinou exemplares de Vampira de biblioteca.

FORMALIZACION DE MATRICULA CURSO 23/24

O alumnado admitido formalizará a matrícula na secretaria do centro do  20 ó 30 de xuño

Transcorrido este prazo, entenderase que o alumnado non matriculado renuncia a praza.

A documentación a presentar para a formalización de matrícula é a seguinte:

Ø Impreso de matrícula cuberto ( recoller en conserxería ).

Ø Unha fotografía tamaño carne.

Ø Fotocopia da tarxeta sanitaria.

Ø Fotocopia do calendario de vacinación.

ØPara o alumnado que veña trasladado doutro centro: Boletín de notas

Convocatoria de axudas para alumnos con NEAE

Convocadas axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Curso 23-24

- Prema neste enlace para consultar a convocatoria.

- Prema neste enlace para a solicitude na sede electrónica.

Visita de Manuel Rivas

O alumnado de 6º recibiu, no noso centro, a visita do escritor Manuel Rivas, que, despois da súa charla, asinou exemplares da súa obra.

 

2 DE MAIO: Dia Internacional contra o acoso escolar.

Contra o acoso...fala agarimoso!!

Distribuir contido