Skip to Content

XA ESTÁ AQUÍ!

Chega o Entroido e con el as consignas do Meco, ideadas con moito agarimo, ao igual que o Meco, polo alumnado de 6º de Ed.Primaria. Noraboa polo gran traballo!

Para coñecer o que manda o Meco para o luns, pinchade na imaxe, e no blog de Marronciña poderedes descubrilo!

MOVÉMONOS POLA PAZ!

No blog de BIBLIOTECA atoparedes máis actividades relacionadas con esta celebración.

Ademais alguén nos envía un saúdo moi especial... se queres velo, pincha na imaxe!

MENÚS MES DE XANEIRO

UN SAÚDO MOI ESPECIAL!

O alumnado do CEIP Arquitecto Casas Novoa, quixo enviarvos un saúdo moi especial. Aquí volo deixamos para que poidades velo por niveis. 

Ademais dende o EDLG púxose en marcha, como cada ano, a elaboración de postais navideñas para entregarlles aos usuarios da residencia DomusVi situada na Rúa Escultor Camilo Otero, en Santiago de Compostela. O resultado foi fabuloso!

Agardamos que vos guste!

I Certame de Panxoliñas en familia

Aquí vos deixamos un vídeo con todas as panxoliñas participantes no I Certame de panxoliñas en familia.

Agradecervos ás familias por acoller esta proposta e felicitarvos polo esforzo e o traballo. 

Podedes ver as fotos da entrega de premios pulsando na seguinte ligazón.

VER FOTOS NA GALERÍA

BO NADAL E SAÚDE PARA TODOS/AS!

MENÚ MES DE DECEMBRO

 CAMBIO MENÚ DO DÍA 30 DE NOVEMBRO
Por non poder dispor do peixe fresco, o menú para o luns 30 de novembro será:
                              1º Prato: Sopa de polo.
                              2º Prato: Macarróns integrais con atún e cabaciña.
                              Sobremesa: mazá.

 

 

25 de novembro

 Estas dúas actividades foron levadas a cabo no noso centro para reflexionar e conmemorar o 25N. No blog de BIBLIOTECA atoparedes un pequeno resumo das actividades que se puxeron en marcha.

I Certame de Panxoliñas en familia

Este Nadal dende os equipos de Biblioteca, Actividades, TICs, EDLG e a Aula de Música, traemos unha proposta na que vos animamos a participar a todos os nenos/as e  familias.

Trátase do I Certame de Panxoliñas en familia

ANIMÁDEVOS!

PRAZO: Do luns 23 de novembro ao luns 14 de decembro.

Bo Magosto!

Os nenos e nenas de 2º de Primaria quixeron contarnos a historia da castaña coa que aprender algunha curiosidade sobre este froito tan presente na nosa comunidade. 

 E en 1º de Primaria quixeron adicarlle este xogo-canción.

Samaín 2020

Este ano celebramos o Samaín dun xeito diferente.

Dende os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e o de Biblioteca, puxéronse en marcha distintas actividades relacionadas coa temática: exposición virtual de cabazas, algúns dos medos ou receitas de Samaín. 

Grazas a todas as familias e alumnado por participar!

Distribuir contido


by Dr. Radut