Skip to Content

SEGURIDADE VIARIA para 6º EP

O pasado xoves 17 de marzo, a clase de 6º EP visitou o parque de tráfico situado en Amio para realizar unha actividade coa que mellorar a súa seguridade viaria. Varios axentes da Policía Local do concello de Santiago coordinaron esta actividade coa que o alumnado pasou un rato moi entretido. 

VER FOTOS NA GALERÍA

Entroido 2022

O venres 25 de febreiro rematamos a semana disfrazados.

Pola tarde fixemos o desfile de entroido acompañado de boa música, co que desfrutamos e bailamos un montón.

Aquí vos deixamos unhas fotos, facendo clic enriba da imaxe, para que poidades ver o ben que o pasamos!

Dende o blog do EDLG tamén participaron coa montaxe dun vídeo estupendo, onde podedes ver que ben cumplen os mandados do Meco os nosos nenos e nenas.

Podedes acceder facendo clic na seguinte imaxe.

FELIZ ENTROIDO!

Día de Rosalía de Castro

Hoxe 23 de febreiro lembramos a Rosalía de Castro. Dende o centro realizamos as actividades propostas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), baixo o lema deste ano #sementadepensamentos.

Podedes ver todas as actividades realizadas dende a seguinte imaxe, no blog de biblioteca, coas que homenaxeamos á nosa escritora.

CHEGA O ENTROIDO

Este ano os mandados do meco foron ideados polo alumnado de 6º de Primaria.

30 Xaneiro: Día da paz

O 30 de xaneiro celebramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Os nenos e nenas da Sionlla preparamos con moito agarimo este vídeo que agardamos que desfrutedes tanto coma nós.

FESTIVAL DE NADAL 2021

Magosto 2021

O venres 12 de novembro festexamos o Magosto no colexio. Pulsando enriba da castaña podedes visualizar un vídeo feito polo EDLG.

Que bo día pasamos!

Laboratorio itinerante das ciencias: a auga.

Do 3 ao 10 de novembro aqueles cursos que desexaron, puideron desfrutar na biblioteca do noso centro, dun laboratorio ben interesante proposto pola Asociación ambiental Adiuantum a quen agradecemos o seu traballlo.

A través do mesmo o alumnado puido poñer en práctica moitos experimentos e coñecementos relacionados coa auga. 

Pulsando na seguinte imaxe podedes visualizar algunhas fotos.

O SAMAÍN

Algunhas das actividades de Samaín postas en marcha no centro a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca.

Agardamos que vos gusten.

MENÚ MES DE NOVEMBRO 2021

                             

Distribuir contido


by Dr. Radut