« Maio 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

PREMIO " XOGA COAS MANCIÑAS"

O venres, 14 xuño, (Día internacional da linguaxe de signos)  o noso coro fixo doblete  gañando o 3º e 1º premio no concurso "Xoga coas manciñas".

O mellor deste premio é que o traballo realizado ao longo do curso 18-19 non tiña o obxectivo de presentarse a ningún concurso.  A iniciativa do mestre de música Eloy Porto, foi a de crear un coro nas horas de libre designación dos cursos de 4º e 6º, onde se uniran música, canto e lingua, unha aposta educativa chea de sentido e de sentir. A mestra Vanesa Vargas (coordinadora de EDLG) engadiu a linguaxe de signos en algunha das pezas onde o alumnado cantou coa voz e coas mans.

O resultado desta experiencia foi premiado porque o quixemos compartir, máis só é un recoñecemento, a ganancia xa estaba en nós, no camiño feito, no maxín e nos corazóns dos nenos e nenas do Carlos Casares. PARABÉNS!!