Skip to Content

Comedor

MENÚ DE MARZO 2021

Xuntamos o menú de marzo e uns consellos saudables para este mes de marzo no que está a piques de comezar a primavera.

MENÚ ESPECIAL FIN DE MES: FEBREIRO

Aquí vos presentamos o menú especial de fin de mes! Seguimos relacionando os nosos menús co PDI Amar o mar 2.0. para poder  probar sabores novos do mar. Esperamos que a nosa rapazada desfrute moito deste menú!

MENÚ DE FEBREIRO DE 2021 E NOTA DE ENTROIDO PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias:

Xuntamos o menú do mes de febreiro de 2021 e a nota de entroido que foi enviada esta semana ás familias.

Unha aperta!

PRIMER MENÚ DO 2021: MENÚ DE XANEIRO!

Boas a todas e todos!

Aquí deixamos o primer menú deste ano 2021. Esperemos que sexa un bo comezo e lembrade que debemos de seguir cumprindo as normas tanto no comedor como no resto do recinto escolar e fóra del para que poidamos seguir desfrutando todo@s xunt@s. Ánimo rapazada! O facedes xenial!

MENÚ DE DECEMBRO 2020

Boas a todas e todos:

A continuación tedes o derradeiro menú escolar deste ano 2020. Nesta ocasión tedes unhas recomendacións para que coidemos a nosa alimentación nos días das vacacións de Nadal.

MENÚ DE NOVEMBRO 2020

Estimadas familias:

Aquí deixamos colgado o menú de novembro do noso comedor escolar e unhas indicacións sobre o outono e as castañas. Lembramos que mañá día 2 de novembro, hai colexio, e que o mércores día 11 de novembro temos o festivo local de Coristanco e non hai cole ese día. Un saudiño pata todos/as!

MENÚ ESPECIAL DE OUTONO

Hoxe no cole temos un menú especial do mes de outono e en conmemoración ao Samaín e o Magosto. 

Para descubrir este menú tan rico, picade enriba do enlace. 

Vídeo titorial e guía de uso actualizada para o pago telemático da taxa polo uso do servizo de comedor

Dende o espazo Abalar da Consellería, preséntase aos usuarios do servizo de comedor, un vídeo explicativo de como efectuar o pago telemático da taxa polo uso deste servizo a través do espazoAbalar.

MENÚ DE OUTUBRO

Estimadas familias:

Xuntamos o menú do mes de outubro e a parte de atrás do mesmo. Seguiremos desfrutando do comedor escolar do cole, aínda que con novas normas.

MENÚ DE SETEMBRO DE 2020

Estamos de volta no comedor escolar, con novas normas, novas quendas, uso de máscara, etc. Será un ano diferente pero esperamos que o noso alumnado desfrute dunha alimentación san e chea de sorpresiñas! Aquí está o menú de setembro! 

SOLICITUDE PARA COLABORAR NO COMEDOR NO VINDEIRO CURSO 2020-2021

Xuntamos a solcitude para colaborar no comedor escolar para o vindeiro curso 2020-2021. Os interesados /as podedes cubrir esta solicitude e entregala no colexio o día que vos toque entregar a documentación ou ben enviar esta solicitude debidamente cuberta ao enderezo electrónico do colexio: ceip.canosa.rus@edu.xunta.es, poñendo como asunto: Solicitude para colaborar no comedor. Nome e apelidos do interesado/a.

MENÚ DE FEBREIRO 2020

Xuntamos o menú do mes de febreiro. Este mes contamos con dous menús especiais,o de entroido e o do PDI AMAR O MAR.

MENÚ ESPECIAL DE XANEIRO 2020

Mañá xoves teremos no comedor do cole o menú especial de fin de mes, cun día de adianto, xa que o venres o alumnado de 3º e 4º de EP irán de excursión. No seguinte documento que xuntamos podedes ver o menú especial do mar que sae das vosas receitas das mochilas viaxeiras! Noraboa ás receitas gañadoras e aos demais por participar! Seguide así e lembrade que debemos de coidar a nosa natureza!

MENÚ DE XANEIRO DE 2020

Feliz volta ao cole a tod@s e feliz ano! Xuntamos o menú de xaneiro e unha táboa moi interesante sobre a mellor época de consumo de diferentes peixes. Esperamos que sigades desfrutando moito do noso comedor escolar. Agradecemos a participación nas mochilas viaxeiras coas vosas receitas. Seguiremos facendo menús especiais coas receitas seleccionadas cada fin de mes. 

MENÚ DE DECEMBRO 2019

Xuntamos o menú de decembro dende o comedor escolar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut