Skip to Content

DinosauRus

FELICES FESTAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!

Dende o CEIP Canosa-Rus queremos felicitarvos as festas con esta postal que foi a elexida no concurso de postais do cole para a felicitacoón de Nadal. Todas as postais foron feitas con moito cariño e son preciosas. A seleccionada é de Laura de 2º de EP.

O PDI DinosauRus premiado no III Concurso de Traballo por Proxectos

O pasado xoves día 1 de decembro fíxose pública a resolución do III Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou coa participación da biblioteca escolar, na que o PDI DinosauRus , que se denvolveudurente o curso 2015-2016 no centro, resultou premiado na categoría de Proxectos coordinados dende a biblioteca na categoría científica.

Museo DinosauRus: Unha viaxe ao pasado.

Onte presentamos no colexio para as familias,  o Museo DinosauRus, coa exposición: Unha viaxe ao pasado. Este traballo foi  o produto final do PDI (Proxecto Documental Integrado) DinosauRus, coordinado dende a Biblioteca Escolar "Leoteca" e que contou coa participación de todo o alumnado do centro e coa colaboración da comunidade educativa. Dende o centro gustaríanos agradecer a asistencia e o interese por parte das familias ante este evento que os nenos/as prepararon con moitísima ilusión ao longo dos últimos meses.

Entroido 2016

Gustaríanos agradecer un ano mais ás familias do CEIP Canosa-Rus a súa participación no Entroido 2016 que tivo lugar no centro o pasado venres 5 de febreiro. Os produtos típicos que degustamos estanan boísimos e as nenas e nenos o disfrutaron moito. Agradecer aos alumnos e alumnas de 6º de EP a súa actuación de Acrosport inspirada nos dinosauros. O bo tempo acompañounos durante toda a xorndana e puidemos saír ao pasarrúas.

ARTE CON ROBERTA VENANZI

Os pasados días 26 e 27 de xaneiro,as nenas e nenos do CEIP Canosa Rus foron un pouquiño máis artistas se se pode.

FESTIVAL DE NADAL " DINSONS"

As clases retomaranse o xoves 7 de xaneiro .

BO NADAL E FELIZ ANI NOVO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DE PARTE  DO EQUIPO DE MESTR@S DO CEIP CANOSA-RUS !

Cartel "DinosauRus"

Cartel de "DinosauRus" que vos axudará a atopar información sobre o proxecto, para realizar a procura documental durante o desenvolvemento do período de investigación.

 

En Francia tamén houbo dinosauros

DinosauRus no comedor

O comedor tamén participa da investigación promovida desde a biblioteca e o seu PDI "DinosauRus" co que aprenderemos sobre os dinosauros e o seu entorno. Os paleontólogos serán o seu centro de atención.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut