Skip to Content

Actividades e recomendacións dende a área de Educación Física , a área de Música e a área de Relixión.

EDUCACIÓN FÍSICA

Dende a área de Educación Física , a profe Ana, propóñevos  o seguinte:
No póster que se adxunta podedes ver 8 retos. Buscade un momento no día para facer un: UN CADA DÍA E NA ORDE QUE SE VOS INDICA NO PÓSTER.

Gravade en vídeo o que máis vos guste (vale co móvil do voso pai ou nai). Cando reanudemos as clases pedireivos que cada un de vós me pasedes o vídeo do reto que vos parecese máis divertido.E xa veredes o resultado!

Por outra banda, déixovos un vídeo con ideas de como traballar as habilidades motrices estes días na casa.
https://www.youtube.com/watch?v=ySGwkktkVac

MÚSICA

 Xuntamos un arquivo con recomendacións da profe Sara  con actividades moi divertidas e creativas para estes días que tan ben nos fai a música a todos/as . 

RELIXIÓN

Xuntamos un arquivo con algunhas recomendacións da profe Loli para estes días. tales como recopilación  de películas e actividades. Estas películas tamén valen para o alumnado de valores cívicos e sociais. 

Moito ánimo!

AdxuntoTamaño
Educación física: 8 días-8 retos.pdf265.11 KB
Relixión: Actividades, pelis y otros.pdf76.9 KB
Música: Actividades de música .pdf679.71 KB


page | by Dr. Radut