Skip to Content

Próximas charlas para o alumnado, familias e profesorado.

Para o alumnado:

Este xoves 17 de novembro o alumnado de 5º e 6º de educación primaria asistirán a unha charla impartida por dous membros da Garda Civil de Carballo sobre a prevención da violencia de xénero, ás 11:30 h na biblioteca do centro. Estas  charlas están incluídas dentro do Plan Director.

Para o profesorado e as familias:

Por segundo ano consecutivo, unha gran parte do profesorado do centro formamos parte dun Plan de Formación Permanente do Profesorado  sobre a convivencia escolar, traballando máis concretamente o tema das emocións co noso alumnado. Dentro deste Plan temos varias ponencias relacionadas co tema. A primeira foi organizada en colaboración co Centro de Formación e Recursoso de Vimianzo e o CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco e terá lugar o vindeiro luns 21 de novembro, de 18:00h a 20:00h , na biblioteca pública Rego da Balsa en Carballo. Están convidados tanto o profesorado como as familias.

Temática: A convivencia escolar.

Ponente: Nélida Zaitegui, refente en convivencia escolar.



page | by Dr. Radut