Este fin de semana os nenos/as do CEIP Canosa-Rus participaron en dúas actividades deportivas que se celebraron en Carballo e A Laracha.
|
No concello de A Laracha os nenos/as participaron nun torneo de xadrez, no que Martín Mira e José Suárez obtiveron os premios como campións das súas categorías, sub-8 e sub-10.
En Carballo noso alumnado participou nunha nova edición do Pequebasquet, nunha xornada lúdica e deportiva.
Noraboa a todos/as os que participastes nestas actividades deportivas.