Skip to Content

INSTRUCCIÓNS FONDO DE LIBROS

Deixamos aquí o enlace das instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

 

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. O plazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ata o 21 de xuño ambos incluidos. Tamén se pode presentar presencialmente no colexio ( Se os ides presentar desta maneira podedes pedir os impresos no centro ou descargar do seguinte enlace) 

  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

 

Tamén no arquivo adxunto queda unha explicación que podedes imprimir. 

 

Saúdos.

AUTORIZACIÓN INNOVART24

Estimadas familias,

Este venres 19 de abril, o alumnado de primaria de 1º ata 6º (infantil quedará no centro),  subirá ata a Cidade da Cultura a INNOVART 2024 a realizar unhas actividades e disfrutar de concertos. 

Mañán darémosvos a autorización en papel, pero  tamén a podedes descargar do arquivo adxunto por se o precisades.

 

Podedes ver información das actividades premendo  AQUÍ INNOVART24 

 

Unha das actividades que temos reservada para cada grupo é:

 

1º/2º     D2A1015T03 10:15 Obradoiro de percusión corporal (CDAN Lugo) Planta -1 Aula 14 20’ 

 

3º         D2A1015T11 10:15 Obradoiro de Estampación (EASD Mestre Mateo) Planta -1 Innova Artes Plásticas e Deseño 30’ 

 

5º/6º      D2A1015T07 10:15 Caza do tesouro en inglés. Treasure Hunt (EOI Santiago de Compostela) Planta -1, Innova Idiomas 30’

 

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 de marzo ao 20 de marzo.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación. Poden consultar o decreto polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos aquí.

       • Poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) pulsando aqui.

 

      PODEDES CONSULTAR AS VACANTES PREMENDO NO ARQUIVO ADXUNTO QUE HAI O FINAL DA ENTRADA.

     

 

 NORMATIVA:

Instruccións xerais.

Orde 12 de marzo de 2013

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.

Orde do 21 de outubro de 2022.

Resolución do 27 de febreiro de 2024, pola que se fai público o resultado do sorteo, ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de Outubro de 2022.

REUNIÓN DA ANPA

A “ANPA CEIP CAMPANARIO” convoca   ASAMBLEA  XERAL  EXTRAORDINARIA que se celebrará;

 

Data: Venres 22 de setembro de 2023 na casa de Cultura de Baroña.

 

1ª Convocatoria: 19:30

2ª Convocatoria: 20:00

 

ORDEN DO DIA

 

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Apertura para inscripción de novos socios da Anpa.

3. Cambios na Directiva.

4. Propostas actividades extraescolares curso 2023/2024.

5. Excursión.

6. Cuota

7. Material promocional: sudaderas e tazas.

8. Rogos e preguntas.

 

Baroña, 15 setembro 2023.

SEGURO DOS ORDENADORES

Bo día,

No arquivo adxunto podedes ver as características do seguro dos ordenadores por se alguén ten interés en facelo.

Calquer cousa podedes preguntarnos, ou se queredes máis información tamén tedes no díptico un número de teléfono o que podedes chamar.

 

 

LIBROS PARA O CURSO 2023-2024

Publicamos a lista dos libros que utilizará o alumnado no próximo curso 2023-2024. Poden visualizala no arquivo adxunto.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

O prazo é do 21 de xuño ó 30 de xuño. Nos seguintes arquivos adxuntos recólllese a documentación a entregar así como o impreso a cubrir.

 

AXUDAS PARA LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024

Publicouse no DOG do venres 19 de maio de 2023 a orde para solicitar as axudas para libros do alumnado de 1º e 2º de Primaria, o fondo solidario de libros para o alumnado de 3º e 4º de Primaria e as axudas para mateiral escolar do alumnado de toda primaria.

Para o curso 2023/2024 os alumnos de 5º e 6º de Primaria non teñen fondo de libros xa que están incluidos no proxecto E-dixgal e recibiran un ordenador ao principio de curso.

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da aplicación Fondolibros da Consellería de Educación. O plazo de presentación de solicitudes é do 20 de maio ata o 21 de xuño ambos incluidos. Tamén se pode presentar presencialmente no colexio.

Poden descargar as follas informativas que realizou o colexio no arquivo adxunto:

 

LETRAS GALEGAS 2023

Con motivo da conmemoración do día das letras galegas, elaboramos unha seride de documentos que conteñen recomendacións lectoras, música e curtametraxes en lingua galega

SOLICITUDE DA ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2023/24

 

Prazo de solicitude: do 1 ó 20 de marzo

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut