Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Novas
Declaración responsable
Guía resumo do protocolo Covid-19
Reunións de comezo de curso
A reunión inicial do curso será telemática e común para todos os grupos. Venres 4 ás 12 h. O datos da reunión foron enviados a través da aplicación AbalarMóbil. Perdón polas molestias. Os vales de material e libros poderanse recoller no centro o luns e martes, de 10 a 13 horas.
O vindeiro venres 4 de setembro terán lugar as reunións de inicio de curso e a recollida no centro dos cheques de libros e material.
10:00 Educación Infantil
11:00 1º, 3ºA e 3ºB de EP.
12:00 2º, 4ºA e 4ºB de EP.
13:00 5º, 6ºA e 6ºB de EP.
Tamén se poden consultar as propostas de protocolos para o comezo de curso. Esperamos as achegas de toda a comunidade educativa ao mail: ceip.caminho.ingles@edu.xunta.gal
Libros de texto 2020-2021
Por favor, non adquirir o libro de castelán de 3º de EP polo de agora. Graciñas.
Fondo solidario de libros de texto. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
A resolución definitiva pódese consultar na aplicación fondolibros ou no taboleiro interior do centro. Tamén chamando ao 881996180.
Información da presente convocatoria
Acceso á aplicación para facer a solicitude
Anexo II. Comprobación de datos
Resultados da enquisa de valoración do centro por parte das familias Curso 2019-20
Con respecto ao establecido na Programación Xeral Anual realizouse un cuestionario cunha boa participación das familias. Recolléronse 101 enquisas anónimas a través de AbalarMóbil e os resultados son os seguintes (considerando 1 o máis negativo e 5 o máis positivo, en cursiva o resultado do curso pasado):
1. A redución das notificacións en papel |
4,41 |
|
2. A redución de consumo de plásticos na escola |
4,70 |
|
3. O uso de Abalar Móbil |
4,44 |
|
4, O proxecto Pendeloque |
4,44 |
|
5. A participación das familias na vida do centro |
4,49 |
4,14 |
6. A formación que recibe o seu fillo /a no centro |
4,29 |
4,29 |
7. O uso da axenda |
4,23 |
4,01 |
8. Os recursos materiais que ten o centro |
4,35 |
4,26 |
9. As actividades complementarias (Magosto, Entroido…) |
4,56 |
4,47 |
10. A información que recibe da vida do centro |
4,32 |
4,01 |
11. A paxina web e o uso de redes sociais |
4,49 |
4,16 |
12. O comedor |
3,65 |
3,71 |
13. As actividades extraescolares |
3,63 |
3,81 |
14. A horta escolar e a Ecotropa |
4,45 |
4,43 |
15. Erasmus + |
4,37 |
4,61 |
16. Semana do Teatro |
4,50 |
4,61 |
17. Actividades do fomento do galego como a revista O Carboeiro e o xornal Pegadas no Camiño |
4,40 |
|
18. A formación do alumnado en xeral |
4,45 |
4,22 |
19. A formación deportiva do alumnado |
4,28 |
4,04 |
20. A formación do alumnado en linguas extranxeiras |
4,02 |
3,7 |
21. A formación do alumnado en novas tecnoloxías |
4,15 |
|
22. O horario do centro |
4,62 |
4,51 |
23. O Plan PROA (reforzo no centro) |
4 |
3,84 |
24. A convivencia no centro entre o alumnado |
4,29 |
3,98 |
25. Grupo de sendeirismo Ponteulloa |
4,11 |
4,2 |
26. Escola de familias |
3,97 |
4 |
27. Hora do proxecto |
4,14 |
|
28. Hora de ler |
4,51 |
4,33 |
29. A Biblioteca |
4,44 |
4,37 |
30. O labor da ANPA Carboeiro |
3,80 |
3,73 |
a. O seu coñecemento do que lle acontece ao seu fillo |
4,15 |
3,96 |
b. O esforzo do seu fillo/a no estudo |
4,26 |
4,22 |
c. Considera boa a súa participación no proceso edu… |
4,39 |
4,26 |
1. Un centro agradable de traballo para o alumnado |
4,62 |
4,5 |
2. Un centro innovador |
4,44 |
4,36 |
3. Un centro onde hai un bo nivel académico |
4,33 |
4,12 |
4. Un centro onde hai unha boa convivencia |
4,39 |
4,07 |
5. Un centro no que se ten confianza |
4,57 |
4,24 |
6. Un centro onde o alumnado sae ben preparado |
4,30 |
4,18 |
7. Un centro que vai mellorando |
4,62 |
4,28 |
8. Un centro que está aberto á participación das familias |
4,53 |
4,22 |
9. Un centro cunha ANPA útil |
3,85 |
3,73 |
a. A dispoñibilidade para atender ás familias |
4,52 |
4,33 |
b. A atención recibida |
4,62 |
4,35 |
c. A resolución dos problemas plantexados |
4,20 |
4,04 |
d. A información recibida |
4,38 |
4,17 |
e. Valore a formación recibida polo seu fillo durante o período de atención telemática |
4,12 |
|
Moitas grazas por todas as opinións que, sen dúbida, son moi valiosas para seguir mellorando como comunidade.
Carboeiro Escolar nº6
Boletín de verán da biblioteca
Actividades conxuntas da última semana de curso
Datas importantes do fin de curso
información básica da adaptación das programacións didácticas
Unha vez publicadas as Instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, informamos do seguinte:
- As actividades lectivas do curso escolar seguirán ata a data prevista para o seu final.
- O profesorado revisará as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberá desenvolver o alum nado. Estas actividades poderán ser de recuperación, repaso, reforzo ou ampliación. Tamén adaptará os criterios de av aliación e cualificación, que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, así como as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación do terceiro trimestre sempre e cando beneficie ao alumnado. A adaptación de cada programación estará á súa disposición a partir do día 13 de maio.
- A avaliación final ordinaria terá lugar unha vez finalizadas as actividades lectivas. O centro estableceu un procedemento para o cálculo da cualificación final que se consignará na avaliación ordinaria. Decidimos que:
A avaliación ordinaria sería a media da 1ª e da 2ª avaliación. A isto habería que sumarlle o resultado da 3ª, no caso de ser positivo.
A avaliación do 3º trimestre será:
- Realización con avaliación positiva de máis do 70% das actividades propostas _Sería susceptible de subir a nota media.
- Realización de entre o 50 ao 70% das propostas con distintas valoracións_Seguiría igual a nota pero non tería programa de reforzo.
- Realización de menos do 50% das propostas_Programa de reforzo para xuño, o verán ou o vindeiro curso.
- A promoción de curso será a norma xeral, considerándose a repetición de curso una medida moi excepcional, que non poderá estar baseada unicamente no número de materias non superadas, e deberá estar solidamente argumentada e acompañada dun plan preciso de recuperación para cada alumno ou alumna.
Radio Ü_Somos os monstros
Edición especial de Radio Ü con motivo da IV semana solidaria de teatro que tivemos que suspender. Pero lonxe de quedarnos quietos/as, a familia Bouza Silva, adapta a obra de Paula Carballeira, "Somos os monstros", en versión audiolibro dende o confinamento polo COVID-19. Espectacular traballo editado polas propias nenas e coa participación de toda a familia, no que é unha gran oportunidade de gozar co teatro nestas vacacións. Fantástico.
Circular 1/2020 Covid-19
Medidas a adoptar en todos os centros educativos en relación coa pandemia do COVID-19
Os centros de todos os niveis educativos permanecerán pechados a partires do luns día 16 de marzo e durante os 14 días naturais seguintes.
Desde o centro realizarase a proposta de tarefas a realizar polo alumnado a través das plataformas habituais dependendo do nivel concreto: Abalar Móbil, Edixgal, Aula Virtual, Blogs, Páxina Web, Correo Electrónico...
Instrución da Consellería de Educación.
Mandados 2020
Reserva de praza IES de Oroso 2020-2021
Prezadas familias:
Comeza o período de admisión para o vindeiro curso 2020-2021. Na medida en que, o alumnado de 6ºEP, finaliza a súa etapa neste centro e comeza no instituto, poden optar, se así o desexan, á praza que teñen reservada no IES de Oroso. Para isto, do 1 ao 17 de febreiro deberán entregar implementado no colexio o formulario que se poden descargar nesta ligazón (tamén poden solicitalo no centro), que despois faremos chegar ao instituto. Se o prefiren tamén poden facelo directamente na aplicación. Se prefiren outras opcións de centros, o proceso de admisión é durante o mes de marzo. Aproveitamos para lembrarlles que o IES de Oroso terá unha sesión informativa para as familias de alumnado novo do curso 2020-2021, o vindeiro mércores 5 de febreiro ás 17:30 horas.
Un saúdo.
Nadal 2019
Resultados da IV Carreira Escolar do Magosto
Entrevista á Conselleira de Educación
Con motivo do día da biblioteca, recibimos no centro a Dna. Carmen Pomar, Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia. Carla e Iago fanlle unha ampla entrevista.
Inscrición VI Carreira Escolar do Magosto 2019 CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Para apuntarse premer aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »