Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Novas
Información Xeral do Centro
Ligazón con información sobre este centro.
Entroido 2021
O vindeiro día 12 de febreiro viremos ao cole disfrazados de futuro. E como se fai iso? Aí é onde entra en xogo a creatividade:
- Con tópicos como a tecnoloxía, a robótica, a cibernética... Pódese mezclar co tradicional para que sexa simpático.
- Como nos vemos no 2050. Que profesión desempeñaremos? Cal será a nosa situación persoal?
- Sobre personaxes de conto ou películas que traten esta temática.
En fin, non é doado pero do que se trata é de pasalo ben. Bo entroido.
O máis alto do podio nº52
Plan de Consumo de Froita
Durante estas semanas participamos neste programa polo que o alumnado recibirá unha peza de froita na hora da merenda. Está financiado polo FOGGA e a Unión Europea.
Día da Paz 2021_Recollida de alimentos
Nadal 2020
Bo Nadal e un Feliz 2021
Premio Camiño de Santiago 2019
Boletín de nadal da biblioteca
VI Concurso de relatos de medo
Fagamos que o Nadal 2020 sexa a época máis marabillosa deste ano
Este Nadal estamos a participar nun proxecto etwinning con centros doutros países europeos.
Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado
01/12_Publicouse listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as. Pódese consultar no tabaoleiro do centro. Ábrese un prazo de dous días para reclamacións. O xoves publicarase a listaxe definitiva e o venres procederase ao reparto das máscaras.
Publicouse a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída.
O prazo finaliza o 26 de novembro.
25N
Datos da enquisa sobre igualdade realizada entre as familias
Horario para supostos de teledocencia
VII Carrreira escolar do Magosto
Información de casos positivos de Covid-19
Tivemos ata este momento un caso de contaxio no alumnado escolarizado no noso centro, por Covid-19, e queremos aclarar:
- Cando Sanidade detecta un caso positivo pasa a información aos "operadores" da xefatura territorial de Sanidade.
- A Xefatura Territorial de Sanidade abre un expediente co caso e compárteo co colexio a través da aplicación "Educovid" da Xunta.
- O Equipo Covid do colexio recibe unha notificación SMS na que se informa da alta do dito expediente.
- É a administración sanitaria quen chama ás familias implicadas e decide as medidas que se deben tomar, tanto no que se refire aos membros do colexio afectados (alumnos, profesores...) como ao mesmo colexio (corentenas, peche dunha aula...).
- O centro colabora coa administración pero en ningún caso decide quen ten que facer PCR ou quedar en corentena. Isto sempre será notificado pola autoridade sanitaria.
- Debemos actuar con normalidade se non somos informados do contrario.
Un saúdo.
O equipo Covid
Sorteo público eleccións ao Consello Escolar
Programación Xeral Anual 2020-21
Circular 1/2020 Aviso sobre o protocolo Covid
Cronograma Proxecto 2050
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »