Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Novas
Día da Paz 2023
Muller tiña que ser 2x13_Isabel Canabal Barco
Nadal 2022
Acreditación Erasmus+ 2022-2027
IX Carreira Escolar do Magosto
Clases de teatro
Cronograma Proxecto Schola
Proxecto Schola
Escola (do grego: scholé; e latín: schola) ou colexio é o nome xenérico de calquera centro de ensino, especificamente os do ensino primario. O significado orixinal en grego era tranquilidade, tempo libre, que despois derivou en aquilo que se fai durante o tempo libre e, máis concretamente, o que paga a pena facerse.
Durante o vindeiro curso queremos reflexionar sobre o papel da escola na nosa sociedade, que importancia ten no mundo no que vivimos, quen son as persoas que traballamos nesta institución, cal é a súa historia na nosa contorna, comprobar se na maioría de lugares a escola é coma a nosa, que futuro ten coas novas tecnoloxías.
A partires desa reflexión queremos deseñar fisicamente a escola dos nosos soños, imos transformar os seus espazos para convertela nun lugar adaptado ao concepto de escola que queremos.
Por iso, invitamos a toda a comunidade a formar parte desa transformación para que ao final do curso 22/23 inauguremos de novo a nosa escola, a escola na que fagamos o que paga a pena facerse, a escola dos nosos soños.
Vémonos o día 6 de setembro ás 11 da mañá con todos os detalles.
E para despedirnos, que mellor que coñecer algo máis dunha docente e investigadora, Ángeles Alvariño.
Bo verán.
Resultados da Enquisa de satisfacción 21_22
Reunión Inicio de Curso
Carboeiro Escolar nº8 2022
Exposición final Erasmus+ KA122 SCH_James Rice
Proxecto Cardume Completado
Actividades extraescolares 22-23
Ficha novos/as socios/as ANPA Carboeiro
Datas importantes do fin de curso 21_22
Imaxes da Graduación, Descenso e Bocata xigante_22/06/22
Imaxes día da Bicicleta, Educación Patrimonial, Educación para a saúde_21/06/22
Semana Solidaria de Teatro 2022
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2022/23
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 19 de maio ao 22 de xuño do 2022
BENEFICIARIOS: Alumnado de Educación primaria matriculado no curso 2022 /2023 en centros sostidos con fondos públicos.
MODALIDADES:
- - Libros de texto : Alumnado de 1º, 2º 3º e 4º e educación especial.
O alumnado de 5º e 6º do noso centro participa no programa EDIXGAL (ordenadores alumnado), polo que non debe participar neste apartado.
- - Axudas de material: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º e educación especial.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
Solicitude segundo o Anexo I.
Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PODESE FACER VÍA TELEMÁTICA NO SEGUINTE ENDEREZO:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
ou recollendo a solicitude na escola e entregándoa en secretaría de 9:15 a 10:00 e de 13:30 a 14:15.
Proceso de admisión 2022-2023
25/04/2022 Publicadas as listaxes provisionais de admitidos/as e non admitidos/as. Pódense consultar no taboleiro interior do centro e na web admisiónalumnado.
1. Calendario do proceso e prazos
-
RESERVA DE PRAZA. 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. Reserva de praza para o alumnado de 6º de EP do noso centro que desexe ser adscrito ao IES de Oroso:
Reserva de praza on line.
Impreso en papel. Cumprimentar e entregar no noso centro.
-
Desempate. Sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado. Antes do 1 de marzo. As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "V" e "U"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "A" e "Z".
-
Vacantes. Antes do 1 de marzo. Publicación das vacantes que hai no centro.
-
Portas abertas. 7 de marzo. 17 horas.
-
Solicitudes do 1 ao 21 de marzo. Prensentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a. (Tamén se poderá entregar a documentación acreditativa dos criterios do baremo).
-
A solicitude será única segundo o modelo Anexo II. Coas seguintes posiblidades:
- Cumprimentarse na aplicación.
- Descargarse e cumprimentar de forma manual: Anexo II.
- Recollerse no centro.
Nestes casos a instancia sempre deberá ser entregada no centro e no prazo indicado.
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.
-
DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA. 10 días hábiles a partires dos dous días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes. Entrega da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
-
LISTAXES PROVISIONAIS. ANTES DO 25 DE ABRIL Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Poderanse formular reclamacións contra as listaxes no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
-
LISTAXES DEFINITIVAS. ANTES DO 15 DE MAIO. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido (contra esta publicación cabe recurso de alzada perante o Xefe Territorial no prazo dun mes).
-
MATRÍCULA. 20 A 30 DE XUÑO. Formalización da matrícula do alumnado admitido.
2.Lexislación e información xeral do centro.
- Decreto de admisión de alumnado.
- Orde de admisión do 12 de marzo de 2013.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017. Modificación da Orde de admisión.
Obterán un punto no proceso de admisión aquelas solicitudes que acrediten residir ou traballar no núcleo urbano de Sigüeiro.
Horario Xeral do Centro
09:15 a 14:15
3. Oferta de prazas para o curso 2022-2023.
4EI_25 (3 NEAE)
5EI_1
6EI_5
1EP_6
2EP_0
3EP_1
4EP_0
5EP_15
6EP_0
4. Publicación de listaxes. No taboleiro de anuncios do centro ou na aplicación admisiónalumnado.
5. Horario de matrícula.
Horario de oficina durante o proceso:
9:15 a 10:00
13:25 a 14:15
Reunión preparatoria curso 2022-2023. Ligazón á información.
Xornada para familias sobre o Transtorno por déficit de atención con ou sen hiperactividade
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »