Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Escolares
O máis alto do podio nº47 17 de febreiro de 2020
III Certame de Entrevistas Radiofónicas
Fotografías da entrega de Premios e da entrevista a Toño Bermúdez no día Mundial da Radio. Noraboa ás gañadoras!
O máis alto do podio nº46 10/02/20
O máis alto do podio nº45 3 de febreiro 2020
O máis alto do podio nº44 27/01/20
Día da Paz 2020
O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos no centro o día da Paz. Entre as actividades organizadas temos prevista a recollida de alimentos non perecedoiros para incorporar ao Banco de alimentos. Durante ese día, nun acto co alumnado, farase a súa entrega para a posterior distibución entre as familias necesitadas de Oroso, a través dos Servizos Sociais do Concello. Agradecemos a vosa colaboración nesta iniciativa xa que ten como obxectivo educar en valores tan importantes como a solidariedade e o compromiso.
Proxecto Cancherna
Estreamos proxecto con ilusión. Unha iniciativa para saber un pouquiño máis sobre o que comemos e así poder facelo con máis criterio. Sen olvidar as ganas de probar cousas novas e de paso poñer a proba as nosas papilas gustativas. Ademais temos a sorte de contar coa colaboración e asesoramento de Tareixa, enfermeira pediátrica do centro de saúde de Oroso. Aquí tendes unha pequena mostra
O maís alto do podio nº43 20 de xaneiro 2020
IV Certame de cartas de amor
Concurso Tras as pistas no pasado
Final do Torneo de Xadrez 2019
Hoxe xogaron a emocionante final do torneo de xadrez Mateo e Martiño baixo a atenta mirada dos demais compañeiros e compañeiras. Tras moita tensión Martiño proclamouse Campión de Xadrez de 2019. Noraboa! Imaxes
Boletín de Nadal da Biblioteca
Charla Maltrato Animal
Yurick, Marilyn, Morix, Mimo e Vida estiveron hoxe no noso cole acompañados de dous humanos, Adrián e Eva. Con eles descubrimos os terribles maltratos que sufriron ás mans dos seus anteriores donos. Os animais non son xoguetes, son seres vivos que teñen as súas necesidades. Se decidimos adoptar un, temos que coidalo con responsabilidade e moito cariño. Nós estamos en contra do maltrato animal! Imaxes
Visita á Residencia e Centro de día Porto Avieira
O alumnado de 6º achegouse ata Porto Avieira para entregar unhas postais de Nadal moi especiais para os residentes e usuarios do centro de día. Un encontro interxeracional cheo de emocións, anécdotas e recordos, de seguro unha experiencia única. Desexamos que este sexa o primeiro de moitos encontros! Imaxes
Visita Xogadores do Obradoiro - Antes e Agora
O luns 16 de decembro, Nando Vicario e Kostas Vasileaidis estarán en directo dende Radio Ü para falar das súas carreiras deportivas e do seu equipo, o Obradoiro CAB, en épocas distintas. Imaxes
Experimentos en Galego na Biblioteca II
Auga máxica, fantasmas espumosos e cores polas nubes son algúns dos experimentos que deixaron coa boca aberta aos asistentes aos experimentos desta mañá na Biblioteca. Imaxes
Saída do alumnado de 3º e 4º ao cine
Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria achegáronse hoxe ata Numax para ver a película "O que arde". Unha oda á Galicia rural que conta co privilexio de ser a primeira película en galego proxectada no Festival de Cannes e que, ademais, conseguiu o premio do xurado nese mesmo festival. Imaxes
Experimentos en Galego na Biblioteca
A lámpada de lava, o arco da vella lácteo ou a fonte máxica son algúns dos experimentos que nos deixaron abraiados durante o recreo de hoxe da man dos nosos compañeiros e compañeiras científicos. Aquí tendes todas a imaxes.
Retratando ás avoas e aos avós
A avoa Erundina, o avó Alfonso, a avoa Auva, son só algúns dos fantásticamente retratados e retratadas polo alumnado de 6º de Infantil.
Contos de Medo V
Aquí están os gañadores e gañadoras desta quinta edición do Concurso de Relatos de Medo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »