Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Día da Paz 2020
O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos no centro o día da Paz. Entre as actividades organizadas temos prevista a recollida de alimentos non perecedoiros para incorporar ao Banco de alimentos. Durante ese día, nun acto co alumnado, farase a súa entrega para a posterior distibución entre as familias necesitadas de Oroso, a través dos Servizos Sociais do Concello. Agradecemos a vosa colaboración nesta iniciativa xa que ten como obxectivo educar en valores tan importantes como a solidariedade e o compromiso.