Web do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
Charla Maltrato Animal
Yurick, Marilyn, Morix, Mimo e Vida estiveron hoxe no noso cole acompañados de dous humanos, Adrián e Eva. Con eles descubrimos os terribles maltratos que sufriron ás mans dos seus anteriores donos. Os animais non son xoguetes, son seres vivos que teñen as súas necesidades. Se decidimos adoptar un, temos que coidalo con responsabilidade e moito cariño. Nós estamos en contra do maltrato animal! Imaxes