Skip to Content

SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

Bo día familias,

Comeza o período de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2024/2025. O prazo vai do 1 ao 20 de marzo.

 

Para realizar o trámite debedes presentar:

  • Libro de familia ou certificado de nacemento do rexistro.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial no caso de separación ou divorcio.
  • En caso de familias que presenten solicitude para prazas reservadas para alumnado con NEAE, documentación xustificativa desta circunstancia.

 

Para presentar a solicitude pode facerse:

  • Presencial. No propio centro en horario de 9.40 h a 12.10 h e de 13.00 h a 14.30 h. Os luns tamén en horario de tarde de 16.00 h a 17.00 h.

 

A resolución provisional será o 25 de abril e a listaxe definitiva o 15 de maio.

 

Podedes consultar pinchando no enlace a ÁREA DE INFLUENCIA e as VACANTES DO CEIP BERGANTIÑOS 2024/2025

 

Un saúdo.

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
CADRO VACANTE.pdf36.37 KB
ÁREA DE INFLUENCIA BERGANTIÑOS 2.pdf948.88 KB


story | by Dr. Radut