Skip to Content

ABERTO O PRAZO DAS AXUDAS DE EI PARA ESTE CURSO 2022/2023

Bo día,

Dende o Concello de Carballo queremos comunicarlle que hoxe abriu o prazo para presentar as solicitudes das Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de Grao Elemental ou Profesional no Consevatorio Profesional de Música de Carballo. Curso 2022-2023 que convoca o Concello de Carballo ata o vindeiro 4 de maio. 

Xuntamos as bases da convocatoria e o modelo normalizado de solicitude (dispoñible na páxina web www.carballo.gal). As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/ou nos rexistros do Concello de Carballo ata o 04 de maio de 2023.

O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellaría de Cultura, para recibir a información que precisen sobre esta convocatoria será de luns a venres de 11.00 a 12.30 h.

Adxuntamos as bases da convocatoria e o modelo normalizado de solicitude. Nos vindeiros días farémosvos chegar os folletos cos requisitos e a información básica para poder repatir entre todo o alumnado de infantil.

 

Agradecendo a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

 

CONCELLARÍA DE CULTURA

Concello de Carballo

PAZO DA CULTURA

Rúa do pan, s/n

15100 Carballo

A Coruña

+34 981 704 300

culturacarballo@carballo.gal

AdxuntoTamaño
información básica.pdf40.43 KB
bases.pdf86.32 KB
impreso solicitude.pdf114.67 KB


page | by Dr. Radut