Skip to Content

O pasado 25 de abril tivemos no Centro uns obradoiros de robótica, programación e actividades STEAM.

Fomentando as novas tecnoloxías dende programas como Bibliotecas creativas, e coa colaboración do equipo de Almudena Alonso, mestra especialista organizamos uns obradoiros tendo tamén en conta as idades do alumnado e o resto dos proxectos e programas no Centro

O alumnado de Ed. Infantil e 1º de primaria construíron un robot artista!

O alumnado de 2º 3º e 4º de primaria aprenderon a programar cos escornabots e convertirse en "Piratas medioambientais" para limpar os nosos océanos de plásticos!

O alumnado de 5º e de 6º desenvolveron unha programación tipo "sratch" na plataforma gratuíta de "Visualino", foi fenómeno programar o robot vixía!

Aprendemos moito e pasámolo fenomenal!

A/A da comunidade educativa:

Co fin de avaliar os resultados do funcionamento da nosa biblioteca escolar pedímoslles que cubran unha pequena enquisa co fin de mellorar este servizo e atender mellor aos usuarios da mesma. 

A enquisa estará aberta toda esta semana ata o vindeio luns día 3 de xuño, inclusive. 

Cada membro da comunidade educativa terá que cubrila no apartado correspondente, por favor rogamos que a persoa que a cubra unha vez non volva a cubrila de novo.

Moitísimas grazas pola súa colaboración.

Atentamente,

O equipo de Biblioteca do CEIP BAÍÑAS.

 

Enquisa para o alumnado

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf-dw0hpcr9GghqOxHytPIwuz3JRE7u...

 

Enquisa para o profesorado

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfMDBfI-q87FBQp6yDKkxnqRzbQ0mCN...

 

Enquisa para as familias (Pais/Nais/Titores/as...)

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdOFEu2ma9-4nf1ZTFxeGCEoQ1CDwhe...

 

 

 

Dende o colexio de arquitectos de Galicia, a través do Proxecto Terra realizamos unha serie de obradoiros para o alumnado de segundo e terceiro ciclo de Ed. Primaria o pasado 18 de abril. Con este proxecto tratan de fomentarpapel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual e do futuro.

Para iso realizaron un "Scaperoom" que nos encantou!!

Convócase o IX Concurso Literario de relato curto do CEIP Baíñas 2024

 

Co gallo da Semana do libro e da proximidade das Letras Galegas proponse a actividade para lecturas compartidas: Vaille co conto!! 2024

Animádevos a participar!!

Durante o mes de marzo preparamos unhas lecturas compartidas de poesía

Foron poemas de Manuel María, especialmente do seu libro "Soños na gaiola". Todos teñen temáticas sobre a nosa contorna máis próxima: Paisaxe, natureza, Galicia, animais ou obxectos cotidianos.

 

Durante a primeira semana de marzo, e aproveitando o gallo do 8 de marzo, recibimos a visita de nais, avoas e mulleres da nosa vila que nos ensinaron o que valen e compartimos con elas numerosas actividades:

Lucía: Obradoiros de robótica e programación, Obradoiros de Ioga a cargo de Miriam, e tamén de palillo das nosas palilleiras:  

Unha grande experiencia!!Temos que repetila!! .

Enfocada tamén no coñecemento da nosa contorna e no proxecto: Baíñas ten futuro!!

VIVAN AS NOSAS MULLERES!! 

O venres 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro, lendo algúns dos seus poemas e decorando con murais o noso Centro.

Viva a nosa Rosalía por Sempre!!

O Venres 9 de febreiro celebramos o noso "Entroido Choqueiro". E, coma sempre, ao remate degustamos os doces típicos destas datas.

 



by Dr. Radut