Novas do centro
Formalización de matrícula novo alumnado curso 2024-2025
O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente, nos seguintes prazos:
- Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.
Debedes recoller o sobre de matrícula no centro e traer os formularios cubertos xunto coa documentación solicitada en horario de 9:30 a 13:30 agás os días 20 e 21 de xuño que será en horario de secretaría (de 9 a 9:50).
O venres día 28 de xuño ás 11:00 haberá unha reunión informativa para as familias do alumnado que comezará en 4º de educación infantil.
AXUDAS LIBROS E MATERIAL. PUBLICACIÓN DE LISTAXES.
PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL | 28 de xuño |
PRAZO DE RECLAMACIÓN | 1 e 2 de xullo |
PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA | 3 de xullo |
RECOLLIDA DE VALES |
4 e 5 de xullo e 3 e 4 de setembro (HORARIO 9:00-13:00) |
RECOLLIDA DE LIBROS DE 3º DE PRIMARIA | 4 e 5 de xullo e 3 e 4 de setembro (HORARIO 9:00-13:00) |
RECOLLIDA DE LIBROS DE 4º DE PRIMARIA | 4 e 5 de xullo e 3 e 4 de setembro (HORARIO 9:00-13:00) |
Por mor da lei de protección de datos as listaxes serán expostas no taboleiro interior do centro.
ACCESO Á PÁXINA DA CONSELLERÍA DE FONDO LIBROS
Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.
Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
Para entregar a solicitude de axuda de libros e material é IMPRESCINDIBLE presentar TODA a documentación necesaria en cada caso, de forma xeral: impresos e fotocopia do libro de familia de todos os membros computables da unidade familiar ( se non o posúen, certificado de convivencia ou informe de servizos sociais).
A opción preferible é a presentación telemática
Máis información: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/PaxinaInicio.action
Axudas do concello para adquisición de libros de texto e material escolar e para comedores escolares
INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024/2025
As familias do alumnado que desexe continuar os estudos de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES As Lagoas deberán facer a solicitude de reserva desde o día de hoxe ata o 5 de febreiro. As familias que teñan pensado ir a outro centro terán que facer a solicitude de admisión no centro elixido no prazo ordinario (previsiblemente do 1 ó 20 de marzo)
RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024/2025 (IES AS LAGOAS)
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:
Solicitudes > Reserva > Crear
Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo
Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado
dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non.
1. Usuarios sen identificar
Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar
no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.
2. Usuarios identificados
Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo.
Mochilas pola igualdade.
Dentro das actividades destinadas a subvencionar as excursións de fin de curso, o alumnado elaborou un lema pola igualdade para o 25N que agora se converte no mellor agasallo para o Nadal.
Unha mochila práctica e funcional que non só nos recorda a importancia de seguir a loitar por unha igualdade efectiva, se non que tamén permitirá ó alumnado ir de excursión a un prezo accesible para todas as familias.
Podedes adquirir as mochilas que precisedes para vós e para os vosos seres queridos cubrindo o impreso que vos chegará a través do alumnado e entregándoo á titora xunto co importe das unidades solicitadas (3€/mochila), ou directamente no noso mercadiño.
Moitas grazas por colaborar.
Paulo Rodríguez Vázquez creou o lema gañador. Parabéns!