Skip to Content

OBRADOIRO - EXPOSICIÓN FOTÓGRAFOS DA NATUREZA

A día 23 de xaneiro visitamos un obradoiro - exposición, fotógrafos da natureza para os nenos e nenas de 4º e 5º de primaria.

 

 

EXPISICIÓN DE ANIMAIS

Unha exposición de animais sobre os traballos de manualidades elaborados polos nosos nenos/nenas e pais/nais.

 

FESTIVAL DE NADAL 2018

O día 21 de decembro celebramos nas Gándaras o Festival de Nadal con actuacións musicais, cantos e un espectáculo de maxia. Tamén recibimos a visita de SSMM os Reis Magos de Oriente. Aquí tedes algunhas imaxes da xornada. Preme na imaxe e accederás as fotos

FOTOS MASCOTAS

Fotos das mascotas dos nenos e neas.

 

PLANETA KIDS OFRECE UNHA ACTIVIDADE BAIXO UNHA CÚPULA

O día 20 de decembro tivemos unha visita de Planeta Kids que ofreceu unha actividade para todo o alumnado en grupos de 25 baixo unha cúpula. 

¿Qué misterios albergará o que alí se vexa?

MUSEO DE 5º DE PRIMARIA

Visita de 5º de primaria ao museo para facer o obradoiro: " efectos entretecidos" con distintos colectivos.

CAMIÑATA POLA LAGOA DE COSPEITO

OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO GRAVADO. INFANTIL

O 16 de maio o alumnado de Educación Infantil participou nun Obradoiro de iniciación ao gravado impartido pola restauradora do Museo Provincial Blanca Besteiro.

Os alumnos utilizando follas, froitas, verduras, esponxas, e diferentes obxectos estamparon en papel continuo as súas pegadas, papel que logo foi convertido en envoltorio de agasallo.

Este obradoiro forma parte da exposición "De Picasso a Kapoor" na que o noso alumnado está participar como PALABREIRXS. 

As obras que se inspiran en Miró realizadas polo alumnado de Infantil así como as de Warhol do alumnado de 6º curso están expostas no Museo Provincial ata o 20 de xuño.

Grazas á Rede Museística e á súa xerente Encarna Lago e como non á restauradora Blanca Besteiro

         

VISITAMOS O COLEXIO DE CASÁS

Cambiamos de colexio

Non..., non imos mudar de centro. Tan so se trata de unha iniciativa xenial. Participamos no 1º Encontro de Bibliotecas Inclusivas co Colexio de Casás. Foi unha experiencia moi interesante,tratáronnos moi ben e dende aquí queremos dar as gracias ao claustro de profesores do CEIP Casás e ao seu alumnado. 

Agora vainos tocar recibir a Casás na nosa casa. Será o venres 1 de Xuño. Agardamos que eles disfruten da visita tanto como nos na súa casa.

Aquí tedes a reportaxe de El Progreso e algunhas fotos e video do que deu de sí o encontro.

DÍA DE EUROPA

Co gallo do Día de Europa o alumnado de 3º e 4º curso acudiron ao Espacio Lab do Concello para participar en un obradoiro co fin de achegarse á realidade europea e poñer en valor a pertenencia á Unión Europea.

            

Distribuir contido


by Dr. Radut