Skip to Content

DE PICASSO A KAPOOR. VISITA AO MUSEO PROVINCIAL

O alumnado de 6º curso acudiu ao Museo Provincial de Lugo para ver a Exposición "De Picasso a Kapoor", unha exposición onde se fai un repaso da arte gráfica dos grandes creadores do século XX. 

O alumnos disfrutaron das obras de autores como Picasso, Tapies, Warhol ou Miró. Como parte do proxecto da Rede Museística "Palabreirxs" os nosos alumnos comparten espazo no museo cos grandes autores. As súas obras están expostas no Museo ata o 20 de xuño. Nas fotos podedes ver o orgullosos que se sentiron ao ver as súas composicións nun marco tan increíble como o do Museo Provincial.

 

         

COMO SE LLES CONTA QUE É O GUERNICA AOS NENOS?

O noso alumnado de 2º curso tennos sorprendido con todo o que coñecen de Picasso e a súa obra, estanse a facer expertos na obra do gran pintor malagueño, recoñecen un cadro cubista, distinguen as etapas diferentes da obra de Picasso... pero e o Guernica? qué poden entender eles de guerras con 8 anos?

Da man da pintora lucense Ana Rodriguez descubriron que nos quixo transmitir Picasso na súa obra máis famosa, e o mellor xeito foi recrear eles mesmos o cadro, con todos os elementos que nel aparecen, pero cun fondo de cor, porque en medio de situacións de conflito, os nenos traen esperanza.

     

DÍA DO LIBRO MURAL

O día 23 de Abril é o Día do Libro. A data coincide co falecemento dos dous escritores máis grandes: Cervantes en lingua española e Shakespeare en lingua inglesa, xa que ambos faleceron o 23 de abril de 1616.

O Día do libro celébrase a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura

Este é o mellor homenaxe que o alumnado das Gándaras pode facer ao libro: ler. E iste é o que fixeron os nenos e nenas.

O mural contén instantáneas do alumnado lendo de un ou outro xeito, no campo, nas clases, na biblioteca, no patio, nas escaleiras...

     

UNHA ESCOLA PARA TODOS. OBRADOIRO COGAMI

Hai algo que a escola pode facer para mellorar a condición dun colectivo que sufre dos prexuicios da sociedade e de estereotipos? A resposta é SI, achegar ás persoas de capacidades diferentes aos centros, ter información, ganas de aprender deles, convivir... e iso foi o que fixemos o venres 20 de abril.            

E chegaron de COGAMI, estábamos esperándoos dende fai tempo, preparando ao noso alumnado de 4º curso para que os recibiran con poemas, unha canción, debuxos... e fomos sorprendidos polo que vivimos.

O plantexamento inicial foi un obradoiro desenrolado por usuarios de COGAMI xunto cos seus educadores. Foi unha actividade artística pero non so foi arte o que vivimos senon unha xornada de aprender, valorar as persoas que teñen capacidades diferentes, de convivir.

 Orgullosos do noso alumnado que nos deron a todos unha lección de convivencia, respecto e integración.

Gracias COGAMI pola marabillosa xornada.

                 

OBRADOIRO A FUNDACIÓN. DALÍ CONTADOR DE HISTORIAS

O alumnado de 1º e 2º participou nun obradoiro na sede de A Fundación de Lugo, dentro da exposición "Dalí, contador de historias". 

As imaxes que se ofrecen nesta exposición explican o comportamento ridículo do home no mundo e na historia. Dalí transforma obras literarias dándolles á súa especial visión de artista. Os alumnos tamén transformaron diferentes animais convertíndoos en novas especies.

 

PINTANDO CON JOSEBA MURUZÁBAL

           

 O artista coruñés Joseba Muruzábal impartiu un obradoiro de arte urbano para o alumnado de 5º e 6º o venres 6 de abril. Muruzábal é coñecido polos murales das superavoas, as heroínas galegas do rural que o artista pinta en fachadas. Muruzabal pinta estas avoas con superpoderes e co seu arte transforma as rúas de Galicia en museos ao aire libre.

Nesta ocasión o soporte no que pintaron os alumnos foron as paredes do pavillón do colexio. Aquí tedes unha mostra do fantástico traballo que fixeron e que recolleu tamén o periódico local El Progreso na súa edición do sábado 7 de abril.

            

Agora tedes que visitar o pavillón e ver a obra en directo. Agardámosvos

                  

EXCURSIÓN PAZO DE TOR E MUSEO DO FERROCARRIL

No concello de Monforte de Lemos, na parroquia de San Xoán de Tor visitamos un pazo que nos deixou abraiados, o Pazo de Tor onde parece que o tempo se detivera. Convertido en museo, conserva todos os seus mobles e aparellos orixinais. Paseamos o pazo e puidemos ver como era realmente a vida nun pazo. Vimos a sala de armas, na que destacan dúas armaduras e numerosas armas de lume de distintas épocas. Una litera para o transporte de persoas. Os salóns, os cuartos, o salón de billar... o xardín con un labirinto de pedra. Foi unha estupenda visita.

Logo visitamos o Museo de Ferrocarril no que quedamos impresionados por ver os enormes trens tan cerca de nos. Tamén hai material bélico como un tanque, un tren no patio no que se pode dar unha volta. Foi unha magnífica experiencia para todos.

         

 

EXPOSICIÓN MULLERES PINTORAS

Co gallo do Día da Muller organizamos unha exposición de Mulleres pintoras no colexio. pedi,os ao alumnado que correran a voz para que mulleres do seu entorno que pintan poideran emprestar as súas obras para esta exposición.

Recibimos perto de cen obras de alumnas, irmáns de alumnos, nais de alumnado e profesorado, antigas alumnas, antigas mestras, amigas veciñas... e enchemos o corredor do primeiro andar con arte con ollos de mulleres.

Aquí tedes unha mostra gráfica da nosa galería de arte

 

EXPOSICIÓN DE MULLERES PINTORAS

Polo Día da Muller, e para continuar co noso proxecto anual "Pinturas e Pintores" organizamos unha exposición de Mulleres Pintoras no noso colexio. Pedimos ao alumnado e ás familias que achegaran cadros de mulleres pintoras do entorno da comunidade escolar, nais, avoas, alumnas, tías, curmás amigas... Con todas as achegas montamos esta exposición no corredor do primeiro andar. Sorprendeunos a ampla participación xa que case que non nos chegaron as paredes para expoñer tantas obras, por certo todas espectaculares. Houbo pinturas de nenas pequenas, de avoas, de antigas mestras, de todas as idades, estilos e formatos. Temos entre nos grandes artistas. Aquí tedes unha presentación de todas elas. Agardamos que disfrutedes delas

                      Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A picture slideshow by Smilebox

OBRADOIRO JUDITH SCOTT

Susana Vilanova, directora do espacio creativo "El taller de la Gioconda" impartiu un obradoiro para o alumnado de 3º curso inspirado na artista Judith Scott.

                                     Judith Scott, arte en estado puro

 Judith unha muller con síndrome de Down e sordomuda, fíxose célebre gracias ás súas telarañas de la, nas que envolvía obxectos de todo tipo, ata conseguir unhas esculturas insólitas e colocarse na etiqueta dos artistas fora do sistema da cultura oficial, outsiders. Persoas autodidactas, como Scott, con obras que teñen trascendido e hoxe son recoñecidas en museos e institucións de todo o mundo.

Os alumnos de 3º tamén usaron a la e teceron as súas propias telarañas tal e como Judith Scott facía. Arte en estado puro.

 

 

Aquí podemos ver un video de Judith traballando nas úas obras

Distribuir contido


by Dr. Radut