Próximos eventos

SAÍDA FIN DE CURSO

Este ano imos a Pobo Aventura.

https://poboaventura.com/

Trátase dunha empresa que ofrece actividades lúdicas ao aire libre con moito contacto coa natureza.

Para esta saída as indicacións son moi similares á de Santiago. Teñen que levar comida, bebida, merenda, gorra, roupa e calzado cómodo. Os máis pequenos, por se é preciso, muda.

Data: Mércores 5 de xuño

Horario:

    Saída da parada de Corme (igrexa) ás 9:00.

    Estancia en Teixeiro 10:40 a 17:00.

    Chegada ás paradas de Corme entre 18:45 e 19:15.

(intentaremos ir avisando polo camino a través de AbalarMobil).

O centro faise cargo de todo o gasto; transporte e entrada.

PROGRAMA AXUDA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Xa saiu o programa de axuda de adquisición de libros de texto e material escolar, así como a ter dereito ao fondo de libros no caso de 3º e 4º de primaria. Se clicades na imaxe poderedes acceder a moita máis información. Tamén podedes contactar co colexio no caso de que precisedes da nosa axuda.

AVALIACIÓN DIAGNÓTICO 4º EP

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias:

FORMACIÓN MES DE ABRIL

No vindeiro mes de abril imos estar cargados de formacións moi interesantes, tanto para o noso alumnado como para as súas familias.

- 2 de abril. Asociación VIEIROS; utilización de pantallas, adicións e ferramentas. Tamén para familias en horario de 16 a 17:30 horas. 

            Internet e redes sociais

            Teléfono móbil e smarphone

            Videoxogos

            Xogos de azar

            Como identificar o problema, cando debemos preocuparnos

            Pautas para unha boa saúde dixital, control parental

- 17 de abril. Obradoiro de compotaxe, só para o alumnado.

           Impartido por Andrés Silva Vázquez

-22 de abril. ARKHE. Taller en horario de 16 a 17:30 horas na que participan de xeito simultáneo as familias cos seus fillos/as. Sobre creatividade artística literaria.

            BASU-FAUNIA

            Obra insprirada no concepto dos Binomios Fantásticos (Giam Rodari) e a Teoría das pezas soltas ( Nicholson)

            Fomentar a lectura e a creatividade a través da unión das ideas que aparentemente non teñen relación para que surxa unha idea para un texto narrativo, unha historia.

            Imparte Alma Blanco Ferreiro

- 23 de abril. Stop Accidentes. Formación en educación vial. Moi interesante e importante para familias. O horario das familias de 16 a 17:30 horas.

            Trataremos os sistemas de retención infantil nos vehículos.

            O alumnado de 3º a 6º de primaria deberá traer a súa bicicleta para participar na parte práctica. 

- Con data por confirmar.  Temática sobre alimentación saudable e referencia ás merendas escolares.

            Formación a cargo da nutricionista do Centro de Saúde de Ponteceso Rocio Sánchez Canicoba.

En breve pasaremos un enlace online para que vos poidades apuntar a estas formacións.

PERÍODO DE ADMISIÓN

Clica para ver máis información

 

 Clica aquí para acceder ás novas do noso colexio.