Skip to Content

EDLG

Exposición libros de poemas

Os alumnos e alumnas de 5ºA crearon uns libros de poemas que todos podemos desfrutar nesta exposición.

LETRAS GALEGAS 2023

Este ano para celebrar o Día das Letras galegas,  ademáis de traballar a figura do autor homenaxeado, todo o alumnado participou nunha homenaxe as nosas letras elaborando un "ENCRUCILLADO DA LINGUA".

Recital de poesía

Os alumnos e alumnas de 5º A organizaron un recital de poesía con rap poético incluído.  Uns artistazos.

MAIOS 2023

Un ano máis o CEIP Arealonga colaborou coa ANPA para poder participar na actividade dos MAIOS proposta polo Concello de Vilagaracía de Arousa.

DÍA DO LIBRO

Chega o día do libro e o alumnado de infantil elaborou estes preciosos marcapáxinas e este mural-photocall para incentivar a lectura entre o alumnado.

A orixe da lingua galega

Aquí vos deixo un vídeo moi interesante sobre a orixe da nosa lingua.

 

O espantallo amigo

Durante o segundo trimestre o alumnado de 2º e 3º de primaria estivo a traballar o libro "O espantallo amigo". Finalmente o día 29 de marzo puidemos desfrutar  dunha adaptación teatral desta obra por parte do grupo de teatro "Os quinquilláns".

O Xardín de Rosalía

Para celebrar o día de Rosalía de Castro, todo o alumnado do centro, elexiu fragmentos da súa obra que plasmaron en distintas flores fromando este fermoso xardín.

Distribuir contido


by Dr. Radut