Skip to Content

CORAL ELIZONDO NO CEIP AREALONGA

Coral Elizondo

 

Coral Elizondo – Coral Elizondo, experta en innovación educativa

 

O vindeiro martes teremos o privilexio de poder escoitar á prestixiosa pedagoga, profesora no Máster de Neuroeducación Avanzada da Universidade de Barcelona, formadora de docentes e familias sobre distintos temas, sobre todo, relacionados con la educación inclusiva.

Non o perdades

 

FONDO LIBROS E AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2024/2025.

do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar]. IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

 CALENDARIO

TRÁMITES

PRAZO

Presentacion de solicitudes

Ata o 21 de xuño

Publicación listaxes provisionais

 8 de xullo

Reclamacións ás listaxes provisionais

 11 e 12 de xullo

Publicación das listaxes definitivas

 16 de xullo

Entrega vales axudas libros e material

 Mes de setembro

Entrega libros do Fondo Solidario

Na aula, ao inicio do curso

Convocadas BECAS NEAE (alumnado con necesidade específica de apoio educativo) curso 2024- 2025

Na resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, por a que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.

O prazo para solicitalas está aberto dende o 

  •  30 de abril de 2024
  • ata o 13 de septiembro de 2024

Toda a información no seguinte enlace:

Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo (Curso 2024 - 2025) | Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes (educacionfpydeportes.gob.es)

CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN (convocados polo Concello)

Campamentos de verán Concello

O Concello  convoca os CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN 2024, programa socioeducativo e de lecer de apoio á infancia, co obxectivo de conciliar as responsabilidades familiares, persoais e profesionais ao mesmo tempo que garante a igualdade de oportunidades.

Modalidades

O servizo presentará dúas modalidades:

• SERVIZO DE CAMPAMENTO URBANO: con actividades de ocio e ocupación do tempo de lecer baseadas nos principios da educación non formal, en horario de 9.00 a 14.00 h (con PLAN MADRUGA en horario de 8.00 a 9.00 h. para aqueles solicitantes que o demanden expresamente)

• SERVIZO COMPLEMENTARIO DE COMEDOR. Destinado aos/ás menores que o soliciten, en horario de 14.00 h a 15.00 h. (ver anexo IV, incluido no enlace informativo)

Máis información neste enlace:

CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN

 

ORIENTACIÓN NO CASTRIÑO 4ºE.P. XUÑO 2024

Xornada de orientacion no medio natural de cuarto de primaria no Parque do Castriño pertencente ó programa Xogade

O alumnado disfrutou do deporte ao aire libre e aprenderon a orientarse cun mapa. Pasámolo xenial.

Álbum: Educación Física -> Xornada de orientación no Castriño 4ºEP Maio 2024

BECAS NEAE

O 19 DE ABRIL DE 2024 PUBLICOUSE A CONVOCATORIA DAS BOLSAS NEAE PARA O CURSO 2024-2025

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES É DO 30 DE ABRIL AO 13 DE SETEMBRO DE 2024

TEDES INFORMACIÓN DE COMO SOLICITALA NO ENLACE:

BECAS NEAE CURSO 2024/25

E PARA ACCEDER A SEDE ELECTRÓNICA CLICADE NO ENLACE:

SEDE ELECTRÓNICA

DESFRUTANDO DO "LEITE FRESCO NA ESCOLA"

Álbum: Educación Física -> LEITE FRESCO NA ESCOLA (Abril 2024)

CARREIRA CONTRA A LEUCEMIA ABRIL 2024 (Fundación UNOENTRECIENMIL)

UNOENTRECIENMIL

Álbum: Educación Física -> UNOENTRECIENMIL Carreira contra a leucemia Abril 2024.
Distribuir contido


by Dr. Radut