Durante o segundo trimestre o alumnado de 2º e 3º de primaria estivo a traballar o libro "O espantallo amigo". Finalmente o día 29 de marzo puidemos desfrutar dunha adaptación teatral desta obra por parte do grupo de teatro "Os quinquilláns".
Para celebrar o día de Rosalía de Castro, todo o alumnado do centro, elexiu fragmentos da súa obra que plasmaron en distintas flores fromando este fermoso xardín.
Conmemoramos o día do Libro cunhas sesións de contacontos nas que o alumnado de 6º de Educación Primaria leu aos pequechos e pequechas de Educación infantil diferentes contos na biblioteca do cole. Foi unha actividade moi divertida para todos e todas!!