Audición e Linguaxe

Actividades e propostas sobre audición e linguaxe.

Actividades de Aprendizaxe da lectura

Repasa a lectura de palabras engadindo en cada actividade unha nova letra.

Estimulamos a linguaxe.

Este curso, coma nos anteriores, continuamos co obradoiro de estimulación da linguaxe oral en Educación Infantil.

Presentamos á s e ñ o r a   l i n g u a e a casa onde vive, aprendemos a sacala de paseo e saudar ao nariz, ás orellas e ao queixo (levando a lingua cara o nariz, tentando chegar ata unha orella e logo ata a outra, ata o queixo...)

É moi importante que teñamos un bo control dos movementos que podemos facer coa lingua, os labios e as mandíbulas, pois facilitan a articulación dos sons.

Aquí temos algúns conselliños que nos axudarán a desenvolver a linguaxe dos máis pequenos:

Pautas xerais

•      Falarlles moito, con intensidade e ritmo adecuados. Facer que se sintan escoitados. Nós seremos o seu modelo.
•      Falarlles de forma natural, evitando os diminutivos e a linguaxe infantilizada.
•      Non interrumpir ó neno cando fala nin anticipar a súa  resposta  ainda que tarde en dala.
•     Ampliar e reorganizar a súa linguaxe:
¡Mia o coche! / Si, é o coche de papá.
.   Corrixir de modo indirecto:
Pome o papato / Si, xa che poño o zapato.
.    Non facerlle repetir

CONSELLOS

  •      Ir eliminando progresivamente o biberón e o chupete, pois o seu uso prolongado pode provocar deformacións do padal, beizos e dentes.

  •   Evitar no posible, partirlles a comida en   anacos moi pequenos, pois isto limita a masticación, o que influirá despois negativamente á hora de pro nunciar fonemas que esixan un esforzo articulatorio.

ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN

 •    Ler contos cos nenos a cotío. Facéndoos partícipes, con preguntas, nomeando os debuxos...
•    Aprender cancións, adiviñas, rimas...
•    Xogar a soprar (pompas, globos)
•    Xogar a escoitar, distinguir e imitar sons.
•    Xogar a facer e imitar caras (triste, enfadado, contento, asustado...).
•    Xogar ao “vexo, vexo”.
•    Xogar cos sons das palabras ( xogo do eco, facer rimas., falar utilizando unha soa vogal: Holo, ¿como to chomos?(¿Hola, como te chamas?)
•    Facer movementos buco-faciais (bicos, morros,  pedorretas, inflar meixelas,  sorriso, limpar os dentes coa lingua…).
Distribuir contido