Ed. Infantil

E. Infantil foi a Apípolis

Os tres cursos de E. Infantil visitaron recentemente a granxa Apípolis onde pasaron un día estupendo e tiveron a oportunidade de achegarse moi de cerca ao mundo das abellas.

                          Máis información:

 

Ver álbum de fotos

E. Infantil 4 anos descubriu o tesouro dos piratas

 

O curso de E. Infantil 4 anos participou na búsqueda do tesouro que os piratas tiñan escondido nalgún lugar do colexio. Seguiron as instrucións do plano e finalmente atopárono. Noraboa rapaces!

Visítanos a Escola Infantil Lúa

  

O venres 2 de marzo visitáronnos os nenos e nenas de 2 anos da Escola Infantil Lúa como xa ven sendo habitual desde hai algúns anos.

Coñeceron o noso colexio e participaron en varias actvidades que lles prepararon especialmente: cancións, bailes e teatriño de monicreques feito por un grupo de 5º de Primaria. Despois merendaron chocolate con biscoitos e finalmente xogaron no areeiro cos nenos e nenas de Infantil do noso colexio.

Esperamos que lles gustase a visita  e que o vindeiro ano volvan máis. Máis información:

   Blogue da Meiga Tintureira

ALIMENTACIÓN

Cada un de nos plantou unha semente nun vasiño de iogur que despois levamos a casa. Regarémolo cada día e esperaremos a ver que pasa...

 

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN

Este venres tivemos no cole un obradoiro sobre alimentación.

MAIS FOTOS DE HALLOWEEN

 

 

 

CELEBRAMOS HALLOWEEN NO COLE...

Os alumnos de 5 anos celebramos Halloween no cole. Elaboramos unhas pantasmas e morcegos terroríficos. Esperamos que vos gusten!!!

Mirade máis fotos...

Distribuir contido