NADAL 2018

A semana pasada celebramos o Nadal no colexio, neses días decoramos o colexio con árbores e adornos de Nadal preciosos...

... visualizamos un espectáculo de maxia e música organizado pola ANPA ...

...comemos turrón e roscón, e visitounos o Paxe Real.

 

As familias acompañáronnos o venres, e para elas os nenos e nenas interpretaron as panxoliñas que con tanto estusiasmo estiveran preparando durante días.

 


 

 

Grazas a tod@s pola vosa participación e asistencia un ano máis!

 

Galego: Na Casa da Miña Avoa

Castelán: En Navidad

Inglés: Rockin' Around The Christmas Tree 

 

 Felices Festas e Próspero Aninovo!

O profesorado do Ceip A Paz-Tintureira

MAGOSTO 2.018

O MES DE NOVEMBRO É TEMPO DE CASTAÑAS... E PARA CELEBRAR A TRADICIONAL FESTA DO MAGOSTO, O MARTES 14 NO PATIO DO NOSO COLEXIO DEGUSTAMOS AS CASTAÑAS ASADAS, BAILAMOS E XOGAMOS.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PAIS/NAIS CONSELLO ESCOLAR

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR faise pública os nomes dos candidatos que se presentan á referida elección:

1. AIDA COSTAS GIL

2. CARLOS VIÑAS VÁZQUEZ

MAIS INFORMACIÓN

SAMAÍN 2018

CHEGOU O OUTONO E CON ÉL AS CASTAÑAS, OS CALACÚS, O FRÍO... E O TEMPO DE SAMAÍN.

PARA CELEBRALO FIXEMOS UNHA CHEA DE ACTIVIDADES: DECORAMOS A ESCOLA, PREPARAMOS A EXPOSICIÓN DE CABAZAS FEITAS POLAS FAMILIAS, PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO DE MEDO, NA BLIBIOTECA DESCUBRIMOS O RECUNCHO DE SAMAÍN  E O 31 DE OUTUBRO ESCOITAMOS OS CONTOS DE MEDO QUE ESTIVERON PREPARANDO OS NOSOS COMPAÑEIR@S DE 6º EN DÍAS ANTERIORES.  TAMÉN ESTE DÍA OS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL TIVERON UNHA MERENDA NA QUE NON FALTARON OS PRATOS MÁIS TERRORÍFICOS!!!. 

 

 

 

LIBROS DE MEDO: SE QUEREDES SEGUIR TREMENDO DE MEDO, O CONSORCIO EDITORIAL GALEGO VEN DE FACER PÚBLICO UNS CARTEIS CON INFORMACIÓN SOBRE PUBLICACIÓNS DE LITERATURA INFANTIL.

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Achegámoslles información sobre o proceso de elección dos representantes de pais, nais e titores legais ao Consello Escolar do noso centro.

O prazo de presentación de candidaturas será ata ás 14:00h do día 15 de novembro.

ENLACE Á INFORMACIÓN

 

ABRAZAMOS O MONTE

 Baixo o lema "Abrazo o monte", no día de hoxe, os nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria do noso colexio participaron nunha xornada de convivencia xunto con outros 8 colexios de Vigo no monte de Sobreira e dos Pozos.

Durante esta convivencia os nenos e nenas, uns 1300 escolares, levaron a cabo unha simbólica plantación de carballos nunha das zonas seriamente afectadas polos incendios ocorridos o 15 de outubro do ano pasado. 

 

Con este xesto, e coas outras actividades que se realizaron hoxe, buscábase reivindicar a importancia do coidado do medio natural, en especial o coidado do noso querido espazo forestal, amosando ao mesmo tempo o noso rexeitamento cara aos incendios.

Unha información máis detallada do día de hoxe pode atoparse no seguinte enlace:

http://montesdevigo.blogspot.com

e visitando a nosa GALERÍA DE FOTOS

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

A esperada Carta da Meiga Tintureira chegou esta semana ao colexio, e con ela as diferentes actividades que daban lugar a inauguración da Biblioteca.

 

No blogue da Biblioteca atoparedes máis información sobre esta inauguración, animádevos a visitalo premendo na imaxe da Meiga.

 

 A partir do luns,  día 22 de outubro, iníciase o servizo de préstamo de libros, tamén en horario de tarde, agás os martes.

GALERÍA DE FOTOS

CIRCULAR DE BENVIDA 2018-2019

Dámoslles a benvida a un novo ano escolar!

Pasamos a informarlles dalgúns aspectos a ter en conta durante este curso.

 

Equipo Directivo:

Directora: Tali Cartelle González

Xefa de Estudos: Manuela Fernández Feijóo

Secretario: Ángel Ramos Vivas

 

Apertura anticipada do colexio: As portas abriranse ás 09:05 horas, os nenos/as que non sexan usuarios de transporte escolar deberán permanecer baixo o coidado dos seus familiares ata ás 09:15h, momento de subir ás aulas.

Para as familias que o necesiten existe o Servizo de Madrugadores, xestionado pola ANPA, o que lles permitará deixar aos seus fillos a partir das 07:45 no centro escolar.

 

O horario das clases é obrigatorio para todos. Deben evitar retrasos pois as portas de entrada pecharanse pasados uns minutos despois das subidas das filas.

 

Os retrasos e as saídas en horario lectivo deben xustificarse por escrito ao profesorado, e sempre que sexa posible anuncialos con antelación. Ante faltas reiteradas e/ou inxustificadas por impuntualidade ou absentismo aplicarase o protocolo recollido no Plan de Convivencia do Centro.

 

Os nenos e nenas formarán filas nos lugares indicados para entrar co seu curso. Os familiares ou acompañantes non deben permanecer xunto as filas nin acompañar aos nenos/as ata as aulas.

Se algún pai/nai se ve na necesidade de acceder á aula do seu fillo/a, xa sexa para dar un recado ou levar ao neno/a médico, deberá pasar polo despacho de dirección. Non se pode acceder ás aulas unha vez iniciada a xornada lectiva.

 

SERVIZO DE COMEDOR 

Pagarase sempre nos primeiros días de cada mes asistindo persoalmente á entidade bancaria cos impresos entregados polo colexio ou telematicamente, seguindo as instrucións da web do centro. Lembren que calquera cambio na utilización deste servizo debe ser comunicado ao centro.

 

HORARIOS

Entrada:

9:15 h (apertura de portas ás 09:05)

Recreo:

11:45 a 12:15 h

Saída:

14:15 h

Comedor:

14:15  a 16:00h

Recollida do alumnado entre 15:15 e 16:00h

Saída autobuses: 15:30h

Actividades Extraescolares:

16 h

Titorías   (previa cita)

Martes de 18 a 19 h

Orientación (previa cita)

Xoves e Venres

Secretaría

Luns a Venres 09:15h a 10:00h

Venres 13:30h a 14:15h

LISTADO DE MATERIAL PARA 2º DE PRIMARIA

CEIP A PAZ- TINTUREIRA

MATERIAL DE 2º DE PRIMARIA – CURSO 2018/19

 

  • 4 lápices STAEDLER NORIS Nº 2 HB

  • 2 lápices bicolor (dúas puntas unha vermella e unha azul)

  • 3 gomas grandes MILAN 612 – NATA

  • 1 afialapis metálico cun único burato para o tamaño do lapis

  • 1 caixa lápices de cores madeira TRIMAX TRIANGULARES ALPINO 12 Uds

  • 1 caixa de 24 rotuladores punta fina

  • 2 barras pegamento PRITT grandes

  • 1 regla de 30 cm

  • 1 tesoiras

  • 2 carpetas de catro anillas tamaño DIN A4

  • 20 fundas para archivador plásticas transparentes DIN A4

  • 4 carpetas plástico transparente con peche DIN A4 (Poden ser de cores)

  • 1 sobre plástico transparente con peche DIN A4 (Poden ser de cores)

  • 500 folios brancos DIN A4 80gr

  • 1 cartucheira (Como moito dúas cremalleiras, de tea ou de plástico dun tamaño axeitado para gardar o lapis, goma, o afíalapis e as pinturas)

  • 1 bloc A6 con espiral

  • 1 caixa de panos de papel

  • 1 mochila de tamaño axeitado tendo en conta que teñen que levar dentro unha carpeta, a merenda, o aseo e os contos. ( Pódese reutilizar a do curso pasado sempre que cumpla as características especificadas. Para as nenas e nenos que non fagan desprazamentos longos non é preciso que teñan rodas.)

Deben vir sen nome:

lápices, lápices dúas cores, gomas, afíalapis, ceras, pegamentos.

                     

 

                                                                                                      Saúdos: As titoras

                                                                                                 

                                                                                                Tintureira- Coruxo setembro 2018

LISTADO DE MATERIAL PARA 1º DE PRIMARIA

CEIP A PAZ- TINTUREIRA

MATERIAL DE 1º DE PRIMARIA – CURSO 2018/19

 

  • 4 lápices STAEDLER NORIS Nº 2 HB

  • 2 lápices dúas cores (dúas puntas unha vermella e unha azul)

  • 3 gomas grandes MILAN 612 – NATA

  • 1 caixa 24 ceras PLASTIDECOR

  • 1 barra pegamento PRITT grande

  • 2 carpetas de catro anillas tamaño DIN A4

  • 20 fundas para archivador plásticas transparentes DIN A4

  • 4 carpetas de plástico transparente con peche DIN A4 (Poden ser de cores)

  • 1 sobre plástico transparente con peche DIN A4 (Pode ser de cores)

  • 500 folios brancos DIN A4 80gr

  • 1 cartucheira (Como moito dúas cremalleiras, de tea ou de plástico dun tamaño axeitado para gardar o lapis, goma, o afíalapis e as pinturas)

  • 1 libreta tamaño medio folio de dobre pauta ancha(3,5 mm)

  • 1 libreta tamaño medio folio de cadros grandes (6 mm)

  • 1 bloc A6 con espiral

  • 1 caixa de panos de papel

  • 1 mochila de tamaño axeitado tendo en conta que teñen que levar dentro unha carpeta, a merenda, o aseo e os contos. ( Pódese reutilizar a do curso pasado sempre que cumpla as características especificadas. Para as nenas e nenos que non fagan desprazamentos longos non é preciso que teñan rodas.)

Deben vir sen nome:

lápices, lápices dúas cores, gomas, ceras, pegamento e as libretas.

 

                                                                                                                 

 

                                                                                                                            Saúdos: A titora

 

 

                                                                                                                 Tintureira- Coruxo setembro 2018

Distribuir contido