2º PREMIO CONCURSO CARTEIS 8M

 Temos a ledicia de informar, que o noso centro vén de recibir o Segundo Premio no concurso de carteis convocado pola Xunta de Galicia, para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

 O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dos centros educativos galegos, a través dunha acción que permita visualizar a contribución das mulleres nos distintos ámbitos.

 

O traballo do noso alumnado e da súa profesora de artística Marta, foi premiado na categoría de 1º a 4º de Educación Primaria co cartel que leva por lema "Xuntas Enxeñamos Igualdade".

 Cada alumno e alumna participante foi premiado con dous vales de 25€ que as familias poderán gastar en diferentes comercios da zona. A Secretaría do noso centro enviará ás familias proximamente un comunicado sobre como e cando se lles fará entrega destes vales.

 Estamos moi orgullosos e orgullosas deste premio e deste traballo tan fantástico en prol da igualdade.

MAIS INFORMACIÓN