1º Ciclo

PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO COLE

Durante a mañá do venres día 22 de marzo realizamos unha plantación de árbores no colexio.

Debido a necesaria tala, que semanas atrás nos vimos obrigados a facer no xardín da entrada principal do colexio, decidimos repoñer estas árbores cunha nova plantación contando coa participación de todo o alumnado do colexio.

Cada neno participou simbólicamente nesta plantación, unha árbore para cada ciclo, árbores que a partir de agora os nenos verán medrar con eles.

Unha actividade máis englobada dentro do no noso proxecto anual "Botámonos o monte"

Agradecemos ao Distrito Forestal XVIII Vigo-Baixo Miño a doazón destas árbores e a charla medioambiental "Monte Vivo" impartida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

 

 ALBUM DE FOTOS

PAIASADA EN TINTURARTE ---- 1º

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Como xa temos rematadas algunhas das actividades do Entroido, imos comezar polo 1º curso @s cales realizaron un paiaso.

 

Para esta actividade seguiron os seguintes pasos:

Pintaron a cara con ceras, recortárona, pegárona con pegamento sobre unha cartolina, decoraron a paxarita con anacos de papel de seda, puxéronlle cabelo con palliñas e decoraron o fondo con témperas empregando a puntiña do dedo índice.

Velaquí o proceso:

 

 

 

 

 

 

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

Inverno Tintureiro ----------- 1º Curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Despois dunha primavera adiantada...

parece que volveu o frío, o vento e a chuvia!

 

Así que... qué mellor momento para ensinarvos

O INVERNO TINTUREIRO

que realizaron os nenos e nenas de 1º curso!

 

 

Sobre unha cartulina negra, realizaron a neve cos dedos combinando a cor blanca e dous tonos de azul.

 

 

 

 

 

 

 

 

Despois, recortaron anacos de papeis de seda de diferentes cores para posteriormente, pegalas sobre a árbore.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Por último, realizamos unhas fotos moi simpáticas para rematar a obra de arte!

 

 

 

 

 

Agardamos que vos encanten!

 

Moitos agarimos

e a seguir traballando con tanta arte!

 

 

Pum-pum, pum- pum! Àbreme porquiño!!!

O Recuncho da poesía

Desfrutando dun novo Recuncho da Biblioteca

Máis contacontos!

MATRIOSCAS

Mira ti o que era esa boneca con outra dentro, e outra, e outra, e outra... que tiñamos na casa!!!!!

 

 

Chegou o temporal a 2º curso!

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!!

 

Estamos no inverno e con él veñen as chuvias, o vento e os paraugas voando!!

Por iso os nenos e nenas de 2º curso quixemos facerlle unha homenaxe aos temporais que nos visitan cada ano.

Pintamos un fondo con acuarelas en tonos azuis, lilas, brancos e negros reflexando os ceos enfurecidos. Despois, pintamos as gotas de auga e, por último, fixemos os paraugas con folios de cores pintados, aplicando a técnica do abano.

Velaquí o proceso:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O resultado foi moi divertido!!!

Agardamos que vos gusten tanto como a nós!!

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

O recuncho da paz

 

 

Na biblioteca fan unha chea de Recunchos. O último do que desfrutamos foi aquel adicado ás lecturas pola Paz.

Aprender? Xogar? Aprender xogando.

Distribuir contido