FIN DE CURSO 2013

 O 21 de xuño, a partir das 12:30 h celebramos o fin de curso cun festival no que participaron todos os cursos do colexio.

Pola tarde, a partir das 16:00 h, celebrouse a 2ª parte do festival coa actuación dos grupos das actividades extraescolares organizadas pola ANPA do colexio.

 Preme no cartel para ver o programa.

Ver álbum de fotos

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O venres 14 de xuño fixemos unha excursión de todos os cursos de Primaria ao monte Aloia.

Foi unha xornada de xogos ao aire libre na que nenas e nenos o pasaron "de medo". Aínda por riba o tempo acompañou, polo que podemos dicir que foi un día estupendo.

Ver álbum de fotos

VIAXE A A CORUÑA

DE VOLTA XA!

 O alumnado de 5º e 6º xa está de volta da viaxe a A Coruña que, coma cada dous anos, é costume realizar no noso colexio. Durante a estancia  visitaron o acuario, a Casa das Ciencias (cunha sesión no Planetario), o DOMUS e o MUNCYP.

Este tempo aproveitárono tamén para pasear pola cidade e para disfrutar convivindo nun ambiente relaxado cos compañeiros e compañeiras de ciclo.

     Se queres ver as fotos, preme na imaxe           

Pintando o Ximnasio

O ximnasio do noso colexio lavou a cara grazas á colabración desinteresada dun grupo de nais e pais que o pintaron deixándoo tan perfecto como se fose de estrea, tal como se pode comprobar nesta reportaxe fotográfica.

Moitísimas grazas e noraboa por este gran traballo!

Día das Letras Galegas 2013

O mércores 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cos seguintes actos: 

As dúas cousas saíron moi ben e todos quedaron contentos coas actuacións e cos libros que levaron para casa.

Ver álbum de fotos

Visita a Naturnova de 3º e 4º

Os cursos 3º e 4º de E. Primaria visitaron Naturnova e disfrutaron das súas exposicións interactivas. Aquí podedes ver unha reportaxe sobre a visita:

Concurso Dia das Letras Galegas

 

Ao longo de varios días desenvolveuse no colexio un concurso sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Desde a clase de 5 anos ata 6º de E. Primaria  contestaron día a día as preguntas coa axuda das pistas que aparecían no mural. Entre os acertantes sorteáronse cada día narices de pallaso que os gañadores luciron con gran dignidade como se pode comprobar na reportaxe fotográfica.

Grazas pola dedicación e ilusión de todos os participantes.

 

LETRAS GALEGAS 2013

O vindeiro 17 de Maio celébrase o Día Letras Galegas. Este ano adicadas a ROBERTO VIDAL  BOLAÑO, autor, director e actor de teatro. Para saber un pouquiño máis sobre esta celebración e sobre o personaxe homenaxeado, o Equipo de Dinamización Lingüística vos achega unha serie de enlaces para axudarvos nese cometido.

 MERGULLARVOS NELAS E DIVERTIRVOS!!!

INFORMACIÓN

ACTIVIDADES
Real Academia Galega Seminario Galán
Web da Asociación RVB

Recursos educativos

Galipedia Espazo Abalar
  Actividades LIM
  Procura do tesouro

 

 

IVº Mercadiño de libros usados

O 15 de maio organizamos no colexio o IVº Mercadiño de Libros Usados. Nesta data puidéronse intercambiar libros de 2ª mano en bo estado aportados polas familias.

Cada libro aportado foi canxeado por un tintur€uro ata un máximo de 6. Con esta particular moeda, nenos e nenas puideron adquirir os libros que lles gustaron.

Despois destes trocos, as familias interesadas mercaron a prezos módicos os libros sobrantes. Os cartos recollidos serán donados a Caritas.

Grazas pola vosa colabración e pola vosa presenza.

INFANTIL NA GRANXA

Os tres cursos de E. Infantil foron o pasado 28 de abril á Granxa Serantellos. Pasaron un día estupendo no que coñeceron animais, fixeron pan, comeron, xogaron, e tamén merendaron.

Tras unha xornada tan intensa moitos volveron durmindo placidamente no autobús.

Ver álbum de fotos

Distribuir contido