VIAXE A ALLARIZ

 

Os cursos 5º e 6º de E. Primaria do colexio fixeron unha viaxe a Allariz onde realizaron numerosas visitas e actividades durante tres días.

Foron, ademais, uns días de convivencia e disfrute lonxe da casa e do colexio que difícilmente esquecerán.

 

Mira o álbum de fotos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

O venres 16 de maio conmerouse o Día das Letras Galegas no colexio coas seguintes actividades:

- Teatro: a ANPA trouxo para todos nós a obra "Xan das Ondas" a cargo do grupo Barafunda.

- Homenaxe a Xosé Mª Díaz Castro:

  • Lectura da súa biografía (1º)
  • Representación musicalizada do seu poema "Terra sucada" (5º)

- Festival de cancións mariñeiras:

  • Amoriños collín (E. Infantil)
  • Polo río abaixo (1º)
  • Catro vellos mariñeiros (2º)
  • A Rianxeira (3º)
  • Ollos verdes - Na beira, na beira (4º)
  • Lévame, lévame (5º)
  • Teño un amor en Rianxo (6º)

Ademais,  celebrouse durante a semana un "Pasapalabra" sobre a figura de X.Mª Díaz Castro con preguntas e sorteos diarios. Información sobre o concurso aquí .

              Mira o álbum de fotos

VOLVEU SUSA HERRERA

O pasado xoves 8 de maio, e grazas ao Anpa, gozamos da presentación do libro Cantos Animais, de Susa Herrera, cun cheo absoluto na biblioteca do cole.

Todos os nenos seguiron con moitísimo entusiasmo a actuación de Susa, e pasárono xenial facendo de elefante, oso, gato, crocodilo, panda ou cangrexo, e cantando con ela.

Despois, Susa asinou aos participantes os seus exemplares deste e doutros libros anteriores, o cal agradecémoslle con agarimo, así como a súa calor e amor polas letras, os nenos e a música.

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Co gallo da celebración do Día do Libro, desenvolveuse no colexio a actividade "Apadriñamentos lectores". Consistiu en que, no tempo diario de lectura, os maiores (de 3º a 6º) leron libros aos pequenos (Infantil, 1º e 2º).

Madriñas e padriños, cos seus afillados e afilladas, repartíronse libremente por distintos espazos do colexio e compartiron as súas lecturas como se pode comprobar neste álbum de fotos.

EDUCACIÓN VIARIA EN 6º DE E. PRIMARIA

O alumando de 6º de E. Primaria asistiu ao circuito de bicicletas do Castro para realizar actividades de Educación viaria en colaboración coa Policía Local do Concello de Vigo.

                                    Mira o álbum de fotos

COMUNICADO DA ANPA, 26-3-2014

Aquí reunidas as Anpas dos colexios: Ría de Vigo, A Paz -Tintureira, Sárdoma-Moledo, Chans-Bembrive, Carrasqueira e co apoio do Igrexa-Valadares, queremos manifestar o seguinte:

  • A nosa INDIGNACIÓN polas declaracións vertidas estes días na prensa.
  • Reiterar a total TRANSPARENCIA na xestión dos nosos comedores ante a Consellería de Educación.
  • Esixir a NON EXECUCIÓN das sancións impostas aos nosos directores ata que se depuren responsabilidades políticas.
  • Reivindicar o COMPROMISO da Conselleria para facerse cargo do coste total dos comedores para non precisar as achegas voluntarias.
  • Que estas acusacións NON lles sirvan para EXTERNALIZAR o servizo de comedor.
  • E por último, transmitir UNANIMIDADE no APOIO aos directores dos nosos centros escolares.

SEMANA DA POESÍA

 

 Os días 25, 26 e 27 de marzo celebrouse no colexio a Semana da Poesía coa participación de todo o alumnado. Foi unha interesante e divertida aproximación á poesía na que nenas e nenos disfrutaron como actores e espectadores das actividades preparadas nos cursos. Este foi o programa de actuacións:

Mira o álbum de fotos

ENTROIDO 2014

O venres 28 de febreiro celebrouse no colexio o Entroido, inspirado nesta ocasión en temas mariños, co seguinte programa:

    1. Lectura do pregón (12:30 h)
    2. Presentación das comparsas:
           - E. Infantil: Piratas
           - 1º Ciclo: O fondo mariño
           - 2º Ciclo: Bañistas
           - 3º Ciclo: Medusas
    3. Desfile do Entroido
    4. Xuizo e queima da Sardiña
    6. Xornada gastronómica

Previamente a Sardiña mandounos unhas órdenes para cumprir cada día.

Mira o álbum de fotos

 Moitas fotos novas 

VISITOUNOS A ESCOLA INFANTIL LÚA

 

Un ano máis, como xa ven sendo costume, visitounos a clase de 2 anos da Escola Infantil Lúa, veciña do noso colexio.

Pasaron unha mañá con nós na que xogaron, saltaron, escoitaron contos, cantaron e bailaron.

Par rematar a festa tomaron un chocolate con biscoitos e marcharon tan contentos. E nós igual de contentos pola visita.

Máis información:   

CONTACONTOS EN E. INFANTIL

Grazas a ANPA, os nenos de Infantil disfrutaron na biblioteca dun magnífico contacontos: O Señor Gravata Torta. Queremos agradecerlle desde aquí a súa boa disposición para axudarnos a realizar esta CONTADA. Grazas amigo Ger.

Distribuir contido