OBRADOIRO DE COCIÑA

O curso 1º de E. Primaria participou nun obradoiro de cociña. Aquí volo presentamos baixo o título de Proxecto Pizza: Ratatouille. Fai clic na imaxe e poderás  ver o vídeo:

FOMOS AO CIRCO

 

O mércores 17 de decembro fomos ao Circo de Nadal todos os cursos do colexio.    

Disfrutamos xuntos dun espectáculo moi divertido e emocionante como se pode comprobar no álbum.

 

Ver álbum de fotos

CUARTO DE E. PRIMARIA FOI AO TEATRO

O curso 4º de E. Primaria foi o 5 de decembro ao teatro García Barbón a ver unha divertida obra de teatro a cargo da compañía A Tropa de Trapo cos relatos de Antía, Wamba e o regato pequeno.

Tamén supuxo o debut teatral do noso compañeiro Sergio. Podédelo ver en acción premendo sobre a foto:

Magosto 2014

     O venres 7 de novembro celebramos o Magosto comendo castañas asadas, xogando e cantando. O tempo  impediunos subir ao monte de San Miguel de Oia e tivemos que celebralo no colexio. Aínda así, pasámolo moi ben e as castañas estaban boísimas, como sempre.

Escoita e aprende a canción do Magosto.

Mira o álbum de fotos.

CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN

 

Os rapaces e rapazas de 6º aproveitaron as datas próximas ao Samaín para "asustar" ao resto do colexio con historias de medo que contaron en todas as aulas na hora de lectura.

Ían perfectemente caracterizados para a ocasión, tal como ser pode ver na reportaxe fotográfica.

Tamén poderedes ver as cabazas e outros motivos decorativos cos que adornamos o colexio nestas datas.

Mira o álbum de fotos

Mira o vídeo

BLOGUE DA ANPA TINTUREIRA

A ANPA do noso colexio estrena blogue. Nel atoparedes información das súas actividades, convocatorias, opinións, etc.

Este é o enderezo:

http://anpatintureira.wordpress.com/

Damos a benvida a esta nova canle de comunicación no colexio coa seguridade de que será de moita utilidade para toda a comunidade educativa.

O RECHOUCHÍO Nº 12

 

  Aquí temos, un ano máis, a revista escolar "O Rechouchío" que xa vai polo nº 12. Nesta ocasión está adicada aos temas mariños que recomendou a Meiga Tintureira na súa proposta anual. Facede clic na imaxe para ver todas as súas páxinas. Que a disfrutedes!!

FESTIVAL FIN DE CURSO 13-14

Como remate das actividades deste curso, celebrouse o 20 de xuño un festival coa participación de toda a comunidade escolar.

Pola mañá asistimos en primeiro lugar ás graduacións dos alumnos de Infantil 5 anos e de 6º de Primaria. A continuación disfrutamos cun musical sobre as aventuras mariñeiras da Meiga Tintureira no que participaron todos os cursos do colexio.

Pola tarde vimos a exhibición dos distintos grupos das actividades extraescolares e rematou a xornada cun fin de festa organizado pola ANPA.

A participación das familias foi masiva e todos quedamos moi satisfeitos cos resultados desta nova xornada de convivencia.

Ver álbum de fotos

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

O 13 de xuño o alumnado e profesorado de E. Primaria fomos de excursión a Bueu e cabo Udra. Visitamos o Museo Massó, adicado á vida mariñeira, fixemos unha marcha polo cabo Udra acompañados por monitores e finalmente quedamos a comer e a xogar na Aula de Natureza que tamén visitamos.

Fixo un día espléndido e pasámolo "a mar de ben" que era do que se trataba.

Mira o álbum de fotos

Distribuir contido