NADAL 2017

 

Un ano máis celebramos a Festa de Nadal no Tintureira reunindo a nenos, profes e familias.

 Seguindo o programa do día asistimos no ximnasio do colexio ao espectáculo "Cabaret".

Comemos o rico roscón e turrón de Nadal que sempre ten un enorme éxito.

Grazas ANPA pola vosa colaboración.

 

O Paxe Real recolleu as cartas dos nenos e nenas que o esperaban con impaciencia nas aulas.

 

E finalmente cantamos e bailamos as panxoliñas nos tres idiomas: castelán, galego e inglés.

VIDEO "Tres Pastelitos"

VIDEO "Polo Nadal"

VIDEO "The Happiest Christmas Tree"

VIDEO "Panxoliña Profes"

VIDEO "Panxoliña Pais-Nais"

 As cancións:

 Tres pastelitos” 

 "Polo Nadal” 

I'm the happiest Christmas tree 

Enlace FOTOS NADAL 17

 

 

FELICES FESTAS FAMILIAS!

 

I CAMPAÑA SOLIDARIA RECOLLIDA DE XOGUETES

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria estamos organizando unha CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE XOGUETES NOVOS OU USADOS para que neste Nadal ningún nen@ quede sen xoguete.

Démoslle unha vida nova a eses xoguetes que temos esquecidos na casa e consigamos que algún nen@ sexa un pouco máis feliz neste Nadal.

O único que vos pedimos é que donedes xoguetes novos ou en bo estado de uso. Debemos garantir que os nen@s destinatario@s reciban un xoguete digno.

  Presentación da campaña aos alumn@s do centro

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

ALUMNADO DE 6º

Taller de igualdade na aula de 6ª de E.I.

 

 

O RAP DO MAGOSTO

O RAP DO MAGOSTO

Castaña, castaña,

do chan se apaña,

metida no ourizo

non é unha patraña.

Magosto, magosto,

non vaias co posto,

leva castañas

e alegra ese corpo.

 

Coidado cos dedos,

pódeste picar,

o castiñeiro protexe

o seu froito vital.

Apañando con tino,

metendo nun cesto,

deixando secar

a castaña ao solleiro.

 

Castaña, castaña...

 

Despois de ben secas

mételle o dente

ponas ao lume

para que estean ben quentes.

Despois dun tempiño

están preparadas

comemos castañas,

castañas asadas.

 

Castaña, castaña...


2:48 minutes (2.57 MB)

CARTA DA MEIGA TINTUREIRA 2017: A MÚSICA

 

 

 

VOLTA AO COLE

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

As solicitudes deberán cumplimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.mecd.gob.es ou a través da sede
electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a "Trámites y Servicios".

Despois de cuberta a solicitude teñen que imprimila e asinala. No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar  no seu apartado dos impresos.

O Dep. de Orientación fará un informe do alumno/a e revisará a documentación.
Esa documentación tramitarase dende o Departamento de Orientación coa inspección educativa.

 

Plazo de presentación:

ABERTO  ata o 28 de setembro de 2017

Por favor non esperen ao último día para evitar complicacións na tramitación das solicitudes.

FONDOLIBROS LISTA DEFINITIVA 17/18

Publicamos as listaxes definitivas do Fondo de Libros para o curso 2017-2018.

Lembrámoslles que os titores/as dos distintos cursos entregarán a cada alumno/a os libros correspondentes ao inicio do curso escolar.

LISTAS ADMITIDOS DEFINITIVAS

LISTAS EXCLUÍDOS DEFINITIVAS

 

Dado que, unha vez feito o resparto existen exemplares de libros sobrantes nalgúns cursos, as familias que non solicitaron dita axuda, e como medida excepcional,  poden solicitar algún destes libros póndose en contacto co centro, por teléfono ou correo electrónico, o día 1 de setembro.

 

EXEMPLARES EXISTENTES:

3º Primaria: packs completos para todos os alumnos que non solicitaron

4º Primaria: packs completos para todos os alumnos que non solicitaron

5º Primaria: Libro Student's book de lingua inglesa para todos os alumnos que non solicitaron

6º Primaria: packs completos para todos os alumnos que non solicitaron

 

Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es

Teléfono: 886120271

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Xa temos aquí os vídeos das actuacións do Festival de Fin de curso 2016/2017.

Tamén podedes acceder ás fotos visitando a nosa galería. PREMER AQUÍ

Noraboa a todos os nenos e nenas polo ben que o fixeron e o moito que todos disfrutamos!

Educación Infantil 3 anos

 

Educación Infantil 4 anos

 

Educación Infantil 5 anos

 

1º Primaria

 

2º Primaria

 

3º Primaria

 

4º Primaria (Grupo A)

 

4º Primaria (Grupo B)

 

5º Primaria

 

6º Primaria

O RECHOUCHÍO Nº 15

Xa temos aquí o último número da nosa revista O Rechouchío.

Esperamos que vos guste!

Distribuir contido