REUNIÓN FAMILIAS INFANTIL 3 ANOS

 

Convócase ás familias do alumnado de 3 anos do próximo curso 2018-2019 a unha reunión coa titora dos seus fillos e fillas na seguinte data e horario:

 

MÉRCORES 27 XUÑO ÁS 13 HORAS

 

ESTILOS MUSICAIS

 

 

 

A Meiga Tintureira quere compartir con vós unha escolma  dos estilos musicais a partir do S. XX

 

ENLACE

INVESTIGAMOS SOBRE A AUGA NA AULA DE 5 ANOS

Aquí unha mostra do noso proxecto de traballo realizado por tod@s uns expert@s na materia:

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2018

 

Dentro da semana da Celebración das Letras Galegas, o xoves día 10 tivemos unha xornada moi especial, desfrutamos sobre todo da música e do baile que lle adicamos a homenaxeada deste ano Mª Victoria Moreno. Non vos perdades unha mostra do día nos seguintes vídeos.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO

Os vindeiros días 23 e 24 de maio (mércores e xoves), terán lugar nos centros educativos galegos as probas de avaliación individualizada dirixidas ao alumnado de 3º curso de primaria. Avaliaranse as competencias en comunicación lingüística e competencia matemática.

 

Máis información no DOG do 26 de abril de 2018onde mediante resolución dítanse instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/18.

PASAPALABRA LETRAS GALEGAS 2.018

XA ESTÁ EN MARCHA O PASAPALABRA SOBRE A VIDA E OBRA DE Mª VICTORIA MORENO.

ANÍMATE E PARTICIPA!!!

LUCÍA É A PRIMEIRA AFORTUNADA DO CONCURSO.

FESTA DA MÚSICA

O VENRES 4 DE MAIO CELEBRAMOS NA ESCOLA A "FESTA DA MÚSICA" .

NESTA OCASIÓN OS MÚSICOS FORON AS FAMILIAS DOS NOSOS ALUMN@S. FOI UN ÉXITO!.

GRAZAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.

 

UN CONTO QUE... ( LECTURAS COMPARTIDAS)

O MES DA CHEGADA DA PRIMAVEIRA FOI O ELEXIDO POLOS NEN@S DE 3º E 4º DE PRIMARIA PARA CONTAR UNHA CHEA DE CONTOS NAS CLASES DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA.

ROBÓTICA 6.0

A RITMO DE TINTUREIRA! ESTILOS MUSICAIS

REGGAE

REGGAE é un termo inglés que permite nomear a un estilo musical que se orixinou en Jamaica durante a década de 1960. O termo REGGAE é unha derivación da palabra RAGGA, abreviatura de RAGGAMUFFIN cuxo significado en inglés é harapiento, polo que o REGGAE considerouse durante moito tempo a música das clases máis pobres e humildes.

Trátase dun xénero musical que ten como principal característica a repetición constante do seu ritmo e frecuentemente toca temáticas en contra do racismo e todo tipo de discriminación, cun alto contido social e político.

Un dos grupos pioneros do REGGAE foi THE WAILERS fundado en 1963 e con integrantes célebres como PETER TOSH e BOB MARLEY considerado o REI DO REGGAE.

BOB MARLEY compositor e músico nacido en Jamaica o 6 de febreiro de 1945. Triunfou en todo o mundo, exportou un novo estilo musical, o reggae, e se converteu nunha lenda. Tiña 36 anos, once fillos, trece discos e millóns de seguidores en todo o mundo cando morreu o 11 de maio de  1981 en Miami (Estados Unidos).

AQUÍ TENDES UN VIDEO ( PREME NA IMAXE)

Distribuir contido