LA CAJITA DE MI VIDA
Enviado por Sofía o 31 Xaneiro 2019 - 11:34am
Na aula de 3 anos disfrutamos durante o 1º trimestre das visitas de todas as familias coa actividade "A CAIXIÑA DA MIÑA VIDA". Esta é unha mostra, esperemos que vos guste!!!! |
CELBRACIÓN DÍA DA PAZ 2019
Enviado por Manuela o 30 Xaneiro 2019 - 1:17pm
Desde o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data conmemórase a morte de Gandhi, a quen curiosamente non lle foi nunca concedido o Premio Nobel da Paz. Un ano máis no colexio celebramos esta festividade con traballos de aula e diversas actividades plásticas e musicais. O noso mural de centro transformouse nun “Botámonos ao Monte pola Paz” decorado cos adornos feitos por todos os nenos e nenas do colexio.
No ximnasio, xa que o bo tempo non nos acompañou, os nenos e nenas de 6º curso leron un manifesto pola paz e distintos poemas e citas sobre a Paz. Finalmente cantamos todos xuntos tres cancións centradas na Paz, o Amor e a Amizade. Como as familias nesta ocasión non puidestes asistir deixámosvos este vídeo sobre a celebración do día. Esperamos que vos guste!
“Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo” |
NADAL 2018
Enviado por Manuela o 27 Decembro 2018 - 5:24pm
A semana pasada celebramos o Nadal no colexio, neses días decoramos o colexio con árbores e adornos de Nadal preciosos...
... visualizamos un espectáculo de maxia e música organizado pola ANPA ...
...comemos turrón e roscón, e visitounos o Paxe Real.
As familias acompañáronnos o venres, e para elas os nenos e nenas interpretaron as panxoliñas que con tanto estusiasmo estiveran preparando durante días.
Grazas a tod@s pola vosa participación e asistencia un ano máis!
Galego: Na Casa da Miña Avoa Castelán: En Navidad Inglés: Rockin' Around The Christmas Tree
Felices Festas e Próspero Aninovo! O profesorado do Ceip A Paz-Tintureira |
MAGOSTO 2.018
Enviado por Marga o 27 Novembro 2018 - 9:23pmO MES DE NOVEMBRO É TEMPO DE CASTAÑAS... E PARA CELEBRAR A TRADICIONAL FESTA DO MAGOSTO, O MARTES 14 NO PATIO DO NOSO COLEXIO DEGUSTAMOS AS CASTAÑAS ASADAS, BAILAMOS E XOGAMOS.
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PAIS/NAIS CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Manuela o 20 Novembro 2018 - 1:25pm
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR faise pública os nomes dos candidatos que se presentan á referida elección: 1. AIDA COSTAS GIL 2. CARLOS VIÑAS VÁZQUEZ |
SAMAÍN 2018
Enviado por Marga o 14 Novembro 2018 - 8:33pmCHEGOU O OUTONO E CON ÉL AS CASTAÑAS, OS CALACÚS, O FRÍO... E O TEMPO DE SAMAÍN.
PARA CELEBRALO FIXEMOS UNHA CHEA DE ACTIVIDADES: DECORAMOS A ESCOLA, PREPARAMOS A EXPOSICIÓN DE CABAZAS FEITAS POLAS FAMILIAS, PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO DE MEDO, NA BLIBIOTECA DESCUBRIMOS O RECUNCHO DE SAMAÍN E O 31 DE OUTUBRO ESCOITAMOS OS CONTOS DE MEDO QUE ESTIVERON PREPARANDO OS NOSOS COMPAÑEIR@S DE 6º EN DÍAS ANTERIORES. TAMÉN ESTE DÍA OS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL TIVERON UNHA MERENDA NA QUE NON FALTARON OS PRATOS MÁIS TERRORÍFICOS!!!.
|
LIBROS DE MEDO: SE QUEREDES SEGUIR TREMENDO DE MEDO, O CONSORCIO EDITORIAL GALEGO VEN DE FACER PÚBLICO UNS CARTEIS CON INFORMACIÓN SOBRE PUBLICACIÓNS DE LITERATURA INFANTIL.
ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Manuela o 7 Novembro 2018 - 11:47am
Achegámoslles información sobre o proceso de elección dos representantes de pais, nais e titores legais ao Consello Escolar do noso centro. O prazo de presentación de candidaturas será ata ás 14:00h do día 15 de novembro.
|
ABRAZAMOS O MONTE
Enviado por Manuela o 19 Outubro 2018 - 9:49pm
Baixo o lema "Abrazo o monte", no día de hoxe, os nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria do noso colexio participaron nunha xornada de convivencia xunto con outros 8 colexios de Vigo no monte de Sobreira e dos Pozos. Durante esta convivencia os nenos e nenas, uns 1300 escolares, levaron a cabo unha simbólica plantación de carballos nunha das zonas seriamente afectadas polos incendios ocorridos o 15 de outubro do ano pasado.
Con este xesto, e coas outras actividades que se realizaron hoxe, buscábase reivindicar a importancia do coidado do medio natural, en especial o coidado do noso querido espazo forestal, amosando ao mesmo tempo o noso rexeitamento cara aos incendios.
Unha información máis detallada do día de hoxe pode atoparse no seguinte enlace: http://montesdevigo.blogspot.com e visitando a nosa GALERÍA DE FOTOS
|
INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA
Enviado por Manuela o 19 Outubro 2018 - 4:57pm
A esperada Carta da Meiga Tintureira chegou esta semana ao colexio, e con ela as diferentes actividades que daban lugar a inauguración da Biblioteca.
No blogue da Biblioteca atoparedes máis información sobre esta inauguración, animádevos a visitalo premendo na imaxe da Meiga.
A partir do luns, día 22 de outubro, iníciase o servizo de préstamo de libros, tamén en horario de tarde, agás os martes. |
CIRCULAR DE BENVIDA 2018-2019
Enviado por Manuela o 15 Septembro 2018 - 3:51pm
Dámoslles a benvida a un novo ano escolar! Pasamos a informarlles dalgúns aspectos a ter en conta durante este curso.
Equipo Directivo: Directora: Tali Cartelle González Xefa de Estudos: Manuela Fernández Feijóo Secretario: Ángel Ramos Vivas
Apertura anticipada do colexio: As portas abriranse ás 09:05 horas, os nenos/as que non sexan usuarios de transporte escolar deberán permanecer baixo o coidado dos seus familiares ata ás 09:15h, momento de subir ás aulas. Para as familias que o necesiten existe o Servizo de Madrugadores, xestionado pola ANPA, o que lles permitará deixar aos seus fillos a partir das 07:45 no centro escolar.
O horario das clases é obrigatorio para todos. Deben evitar retrasos pois as portas de entrada pecharanse pasados uns minutos despois das subidas das filas.
Os retrasos e as saídas en horario lectivo deben xustificarse por escrito ao profesorado, e sempre que sexa posible anuncialos con antelación. Ante faltas reiteradas e/ou inxustificadas por impuntualidade ou absentismo aplicarase o protocolo recollido no Plan de Convivencia do Centro.
Os nenos e nenas formarán filas nos lugares indicados para entrar co seu curso. Os familiares ou acompañantes non deben permanecer xunto as filas nin acompañar aos nenos/as ata as aulas. Se algún pai/nai se ve na necesidade de acceder á aula do seu fillo/a, xa sexa para dar un recado ou levar ao neno/a médico, deberá pasar polo despacho de dirección. Non se pode acceder ás aulas unha vez iniciada a xornada lectiva.
SERVIZO DE COMEDORPagarase sempre nos primeiros días de cada mes asistindo persoalmente á entidade bancaria cos impresos entregados polo colexio ou telematicamente, seguindo as instrucións da web do centro. Lembren que calquera cambio na utilización deste servizo debe ser comunicado ao centro.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »