DÍA DA PAZ

Durante estes días adornamos o noso cole con murais para celebrar o acto do día da Paz como se merece. Que vos parecen?

 

E por fin chegou o día! Houbo cancións e lectura dun manifesto de Paz por parte do alumnado de sexto curso. Aquí tedes unhas imaxes dos momentos máis emotivos que vivimos todos xuntos.

 

 

IGUALDADE E INTEGRACIÓN NO DEPORTE

O pasado venres viñeron a darnos unha interesante charla sobre integración e igualdade no deporte. O monitor era moi simpático, e ao final de todo invitounos a que colaborásemos con él nuns xogos. Foi xenial!!Guiño

 

DÍA DA PAZ 2020

 

 Presentamos a canción que interpretaremos o día da Paz deste ano 2020.

Os seguintes vídeos axudaranvos a practicala.

 

"Todos Somos Capitáns" de Magín Blanco

 

Versión con Pictogramas

 

ALMANAQUE 2020

Ano novo, calendario novo!!

Mirade o almanaque que elaboramos para o ano 2020 relacionado co tema do noso proxecto deste curso. A que é moi bonito?

 

 

 

FESTA DE NADAL 2019

Así de ben o pasamos na celebración de Nadal deste ano.

Volvemos a contar un ano máis coa visita do Paxe Real ás aulas de Infantil e Primaria, momento que os máis peques aproveitaron para entregarlle as súas cartas para os Reis Magos. 

A Anpa do colexio volveu organizar un espectáculo teatral, este ano ao cargo da compañía Troula.

Comemos ata fartar turrón e roscón.

Cantamos e bailamos as panxoliñas con moito ritmo.

 

 

Contamos tamén cunha actuación dalgunhas nais do colexio, impresionantes!

E finalmente, repartindo moita alegría, a Anpa sorteou as tradicionais cestas de Nadal.

 A Ludoteca sorprendeunos con esta árbore de Nadal feita con materiais de refugallo

Esperamos que desfrutarades moito deste día e desexarvos de parte de toda a comunidade educativa unhas

Felices Festas!

 

 

 

TINTUNADAL 2019

Este mes fixemos unha morea de cousas no cole para ter todo preparado e recibir o Nadal como se merece. Aquí vai un resumo de todas elas. Non volo podedes perder!! 

 

1. Murais de inverno

Botádelle unha ollada aos nosos murais de inverno. A que son animados?

 

2. Decoración de portas

 

 As portas do cole tamén se lles pegou o ambiente de inverno e Nadal Guiño

 

 

 3. Christmas Infantil, 1º e 2º de Primaria

Os rapaces/zas deixaron voar a súa imaxinación para elaborar estes orixinais Christmas

 

INFANTIL

 

 

1º E 2º

 

4. Máis espazos decorados

Na ludo, na entrada e no patio do noso cole tamén é Nadal...

 

 

5. Visitas marabillosas


Tamén recibimos a marabillosa visita do Carteiro Real, quen lle transmitiu todas as peticións dos rapaces/as aos Reis MagosSorprendido

 

 

6. Festival Nadal

E ao fin chegou o día!! Todo preparado no pavillón para celebrar o Nadal por todo o alto. Panxoliñas de alumnos/as, teatro, actuación das nais da ANPA, sorteo de cestas de Nadal e...cómo non? Dóces destas datas preparados por elas mesmas. Foi xenial!!

 

 

 

 Qué vos pareceu o noso Nadal? A que foi o máis bonito do mundo mundial?

 

CIRCUITO ELÉCTRICO

 

Hai uns días construimos un circuito eléctrico como auténticos profesionais. A que vos gosta?

 

 

 

 

 

PREPARANDO O NADAL 2019

Estas son as cancións que cantaremos o venres 20 de decembro, día do Festival de Nadal,  que coma sempre celebraremos todos xuntos no colexio:

 

 

Preme nos títulos para escoitalas e aprendelas.

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Estamos na semana contra a violencia de xénero. Dende o CEIP "A Paz-Tintureira" rexeitamos toda forma de discriminación por razón de sexo. Tamén manifestamos a nosa repulsa polos malos tratos e violencia da que en moitas ocasións somos obxecto as mulleres.

 

MURAIS DE OUTONO

Mirade qué murais de outono e Magosto tan chulos fixemos nas clases de Infantil 4  e 5 anos e 5º de Primaria! A que vos gostan?

 

Distribuir contido