NOVAS 2010 |
Nenos e nenas premiados no certame de poesía infantil
Ángel Álvarez, alumno de 5º "A" do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba recolle o premio de poesía da Biblioteca Nadal de Lugo xunto con outra nena Alba Rey da capital chairega. Trátase do certame organizado pola biblioteca lucense para o pasado nadal. Os pequenos recolleron este luns os seus premios. A capital chairega é terra de poetas. Cada ano xorden novas creacións, pero desta volta veñen da pluma de dous pequenos vilalbeses. Alba Rey participou na categoría de nenos menores de 8 anos e foi premiada cun accésit. Xunto a ela, Ángel Álvarez, na categoría de nenos de entre 9 e 11 anos, levouse un recoñecemento pola súa creación con outro accésit. Ambos representaban no certame á Biblioteca Municipal de Vilalba. Nova tomada da edición dixital de Terra Cha. Xa. |
|||
A Biblioteca de Vilalba premia a oito escolares no seu concurso de poesía
Premiados e xurado do certame de poesía de Nadal. N. Rodríguez
O xurado encargado de fallar os premios da pasada edición do concurso de poesía infantil convocado pola biblioteca de Vilalba distinguíu a calidade dos versos presentados por oito dos escolares matriculados en centros vilalbeses que optaron por tomar parte neste concurso, estruturado en dúas categorías para nenos e nenas de oito e de dez anos.
Os alumnos do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba Ana Rey Leal, Isabel Pardo Martínez e Borja Prieto López resultaron galardoados na modalidade A, para participantes de oito anos de idade. Aldara Villarino, Andrea Pardo e Ángel Álvarez Rey, todos eles alumnos do CEIP Antonio Insua Bermúdez, resultaron galardoados na categoría B, aberta a escolares de dez anos. Os membros do tribunal encargado de dirimir os premios deste certame de poesía infantil, acordaron conceder senllos accesits ás alumnas do CEIP MatoVizoso, Paula Seijas Pedreira, de oito anos, e Milagros Louzán Francos, de once anos de idade. Os agasallados na última edición do concurso de poesía infantil convocado pola Biblioteca de Vilalba recibiron como premio un lote de libros e o correspondente diploma acreditativo da súa participación. O alcaldede Vilalba, o popular Gerardo Criado, aproveitou o acto de entrega de premios para felicitar ós agasallados, así como para agradecer o esforzo realizado polos profesores que animan os seus alumnos para que participen neste tipo de certames poéticos e artísticos en xeral. |
|||
Open publication - Free publishing
O venres, día 17 de decembro de 2010, o CEIP “A. Insua Bermúdez” edita o número 61 da revista escolar A PRAVIA, coincidindo cos días previos á Feira do Capón 2010.
Nesta ocasión, o Prólogo sobre o capón é obra de Xulio Xiz, xornalista e mestre vilalbés que traballou en diferentes eidos: prensa escrita, radio e televisión e tamén publicou diferentes libros sobre comarcas de Lugo, forma habitualmente parte do xurado do certame Benxamin Paz organizado polo noso cole. Na revista fanse revisións sobre o Proceso evolutivo do Capón, desde a selección ata a matanza. Os alumnos de sexto presentan unhas estatísticas interesantes sobre a produción por parroquias, a evolución interanual dos prezos por par... interesantes datos. Os peques do cole presentannos unhas páxinas nas que podemos ver algúns traballos que fixeron ao longo do curso. Do mesmo xeito, Os maiores , nas páxinas seguintes van facendo o mesmo. Pequenos e grandes enxeños. O país das letras, poesías varias, debuxos, historias, cómics, quebracabezas. Manual de caricatura, DÍa internacional dos dereitos da Infancia. Novas do cole, Unha Biblioteca moi dinámica. Recomendacións de libros para o Nadal, Concurso de postais de Nadal. A páxina da ANPA e Páxina de Oriantación. A revista repártese a tódolos membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás institucións e aos organismos públicos, asociacións culturais, medios de comunicacións, etc. Agardamos que vos guste e animámosvos a participar no seguinte número.
|
|||
Segundo se contempla no calendario escolar, ademais dos días festivos (6 e 8) o martes, día 7 de decembro, non haberá clase por ter sido declarado DÍA DO ENSINO por parte da Xunta de Galicia, reanudándose as mesmas o xoves, día 9 de decembro.
Vilalba, 3 de decembro de 2010 A DIRECCIÓN |
|||
A través do correo electrónico, a Consellería de Educación remitiu aos centros educativos o seguinte comunicado:
"Ante a comunicación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de meteoroloxía adversa por neve e xeo de nivel laranxa ou no seu caso amarelo, que afectará a partir do mediodía de mañá día 02/12/2010, dende a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poñemos no seu coñecemento da necesidade de adoptar as medidas preventivas necesarias ante as citadas circunstancias.Existe a previsión de alerta laranxa por nevadas nos concellos que se sinalan ao final deste correo que se intensificaran a partir do mediodía. En atención as circunstancias meteorolóxicas locais aconsellase aos directores que consulten cos transportistas que prestan servizos ao centro sobre as dificultades de regreso dende o centro educativo para, de se lo caso, adiantar a hora de saída do centro. Do mesmo xeito, prégase especial atención a información meteorolóxica para, atendendo as circunstancias locais dos centros suspender as actividades extraescolares ou as que se realicen no exterior do centro.No caso de que as actividades docentes non se poidan realizar por falta de transporte escolar prégaselles que o comuniquen á maior brevidade á xefatura territorial correspondente, mediante correo electrónico. Para máis información aconsellamos consultar a páxina web da AEMET www.aemet.es ,do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia www.112galicia.org e de Meteogalicia www.meteogalicia.es
PROVINCIA DE LUGO Entre outras moitas, inclúese a de VILALBA.
Predicción de la Agencia Estatal de Metereología (AEMET)
|
|||
No pasado mes de maio, fallouse o III Concurso de Debuxo Infantil 2010 para nenos con discapacidade, organizado pola Fundación Mapfre, e o primeiro premio conseguiuno unha alumna do noso Colexio, Carlota Mosquera Ramil, de 6º de Primaria. Dende aquí queremosa transmitirlle a ela, á súa familia e aos seus profesores a nosa máis sincera felicitación. |
|||
O venres, 1 de outubro, dous grupos de alumnos do Conservatorio de Vilalba -un grupo de corda e outro de vento- levaron a cabo unha visita ao noso Colexio para ofrecer a todo o alumnado de Primaria uns pequenos concertos didácticos. O alumnado acudeu ao Salón de Actos dividido en dous grupos: os de 1º, 2º e 3º de Primaria, por un lado, e os de 4º, 5º e 6º, por outro. Todos pasaron un rato moi agradable e ameno escoitando primeiro as pezas interpretadas polo grupo de corda, e despois, as interpretadas polo grupo de metal. Todos estiveron fantásticos, e os nenos e nenas saíron satisfeitos do concerto que lles ofreceron. Seguro que moitos deles seguirán os seus pasos. |
|||
SOLICITUDE DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DO LIBRO DE MATEMÁTICAS DE 3º E 4º DE PRIMARIA (Os que xa entregaron a solicitude e non viñeron polo VALE, poden pasar a recollelo).
|
|||
XUBILACIÓN DE JUAN CANCIO MOREDA E Mª ANTONIA FUENTES DÍAZ O pasado martes, día 29 de xuño, no Restaurante Hotel Villamartín de Vilalba, o profesorado e persoal non docente do CEIP “A. Insua Bermúdez” de Vilalba organizaron unha comida de homenaxe pola xubilación de Juan Manuel Cancio Moreda e Mª Antonia Fuentes Díaz que durante moitos anos exerceron o seu labor docente no referido Centro. Durante a comida, celebrada nun ambiente moi cordial e emotivo, os homenaxeados recibiron os parabéns dos asistentes así como diversos agasallos –nos que participaron tamén compañeiros e compañeiras que estiveron con anterioridade neste Centro ou doutros centros educativos da zona-. |
|||
O pasado día 24 de xuño levouse a cabo o acto de entrega de premios do FROM, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, que tivo lugar en Madrid nas dependencias do referido Ministerio. Os galardóns foron outorgados a 6 centros escolares de toda España, entre eles o noso Colexio, o CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ, dentro da campaña co lema "PARA UNA ALIMENTACIÓN SANA, CUATRO RACIONES DE PESCADO A LA SEMANA". Foron ao acto de entrega en representación do Colexio: Constantino Fernández Díaz e Senén Montero Feijóo, Director e Encargado de Comedor, respectivamente, que aparecen co galardón, na 1ª foto, e acompañados da Sra. Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino e do Presidente do FROM, na 2ª. |
|||