PUBLICADO O NÚMERO 65 DA REVISTA A PRAVIA

NÚMERO 65 DA REVISTA A PRAVIA

O CEIP “A. Insua Bermúdez” edita un novo número da revista escolar A PRAVIA, coincidindo co mes das Letras Galega, que fai o número 65.
Os principais temas que aparecen na mesma son: un traballo sobre o escritor homenaxeado este ano, o chairego Xosé Mª Díaz Castro, que inclúe pasatempos e cómic sobre a súa figura; unha entrevista ao presidente do Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), Manuel Castro Santamariña; unha ampla reseña do XVI Certame Benjamín Paz; os traballos das aulas; as noticias do Cole; os nosos murais; a páxina de APA; traballos de investigación sobre a crise, o racismo e o papel das mulleres nos debuxos animados; o apartado de recensións de libros lidos por membros do equipo de redacción, e a homenaxe por xubilación de tres membros da comunidade educativa do Colexio: Teresa Novo, cociñeira; Avelino Roca, mestre de Música, e Tarsicia García, titora de 4ºB etc. 

A revista repártese gratuítamente a tódolos membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás institucións e aos organismos públicos, asociacións culturais e medios de comunicacións

 

 

 

ACCEDE Á REVISTA