Centro

Traballos de relixión de Infantil e Primaria

  Os alumnos e alumnas de Relixión de infantil e de primaria, coordinados polas profes, prepararon o Nadal durante o mes de decembro. Fixeron Beléns en distintos formatos: pintando, recortando, con plastilina, en cofres... Fixeron árbores empregando corchos, reciclaron e fixeron Beléns, decoraron a porta da aula e ambientaron o espazo para a exposición dos traballos... E os de 6º reciclaron as máns de Violencia para non esquecelo e escribiron unha mensaxe de ESPERANZA.

20 de Novembro: día dos dereitos dos nenos

O pasado 20 foi o Día dos dereitos dos Nenos e para conmemoralo o Equipo de Convivencia do centro xunto co Equipo de Dinamización da Biblioteca prepararon unha serie de actividades e montaron un recanto no segundo andar polo que foron pasando os alumnos. Espuxéronse libros sobre o tema dos fondos da Biblioteca.

  Con esta actividade, a exposición dos zapatos e os carteis sobre a violencia de xénero, máis a porta violeta de Rozalén que fixeron os de relixión, os alumnos do centro reflexionaron ao longo da semana sobre dereitos, violencia, igualdade e xustiza social.

Xogos populares na Maía

Neste ano dedicado a Don Antonio Fraguas Fraguas, non podíamos deixar de lado os xogos populares. O EDNL  do centro  organizou esta actividade de xogos populares. Están realizados en madeira por Cándido Mascato. "Os xogos Populares no Grove", que así é como se presentan, son unha colección que inclúe elementos de lanzamento, habilidade e taboleiro que garantizan a diversión e o entretemento e fomentan a cultura popular. Aprendimos a valorar outro tipo de xogos sinxelos que se saen dos comerciais.

 
 
 

As castañas do magosto

  O pasado venres 2 os rapaces do colexio celebraron o magosto: aquí os máis pequenos comendo as castañas e despois bailando.


O Samaín polas portas...

 Así quedou o Cole da Maía polo Samaín: cabazas, bruxas, esqueletos polas portas... e ata unha invasión de ratos e arañas polas escaleiras!

Cabazas do Samaín en infantil e primaria

  Durante esta semana temos a exposición coas cabazas do Samaín organizada polo Equipo de Extraescolares e realizadas polos alumnos e alumnas coa axuda das familias. O Equipo da Biblioteca colaborou tamén na selección de libros relacionados coa temática do Samaín e Hallowen. As cabazas e os libros de medo están na entrada do edificio de infantil e no primeiro andar do de primaria. 

  Nos PDF adxuntos podedes ver con detalle os traballos realizados!

 Moitas grazas pola vosa colaboración e polo derroche de imaxinación!

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS: "ACOSO: PREVENCIÓN, DETECCIÓN E POSIBLES ACTUACIÓNS"

O centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) en colaboración co CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño e CEP de Ventín, organiza unha charla coloquio coa psicóloga especialista, Isabel López Arias sobre "ACOSO: PREVENCIÓN, DETECCIÓN E POSIBLES ACTUACIÓNS" o luns 18 de xuño, ás 17:30h na Casa de Cultura de Bertamiráns.

Sabemos que é un tema que nos preocupa a todos: familias, profesorado e alumnado, así que agardamos contar coa  vosa asistencia o vindeiro luns.

PROXECTANDO en VERDE: Aula virtual e códigos QR

   Ao longo do curso os alumnos participaron nun traballo en común, proposto desde o Equipo de Normalización a todo o Claustro, sobre todas as árbores e as plantas que temos no colexio... e por fin está rematado. Chámase "PROXECTANDO en VERDE"  e na  AULA VIRTUAL desta web tedes a disposición de todos o resultado da investigación sobre todas as especies do inventario. Agora, desde os máis pequenos de infantil ata os maiores, son pequenos expertos na súa especie. Decoráronse ademáis as portas das aulas coas especies traballadas.

  Tamén se colocaron sinaladores a carón de cada especie co seu nome e  un código QR elaborado polo equipo de TICS desde o que podedes acceder a toda a información recollida.
Algunhas das portas: 
 
 
Algúns dos carteis:
 

CHARLA INFORMATIVA

Estimadas nais, pais, familias:

Como xa se vos informou por correo electrónico, queda fixada a reunión informativa coa directora do IESP de Ames, para o luns 4 de xuño, de 9:30 a 10:00h., na biblioteca do CEIP A MAÍA.

As familias do alumnado que finalmente non pasará ao IESP de Ames por ter feito reserva en outro centro, non teñen que asistir a esta reunión.

Tendal de poemas e paxaros no paseo fluvial de Bertamiráns

        

Os alumnos e alumnas dos centros educativos de Ames participaron nesta proposta do EDNL  do Concello. Fixemos un tendal de poemas cos paxaros no paseo fluvial de Bertamiráns, na travesía do Porto no Milladoiro e no monte escolar de Carballo.

   Dous alumnos de cada clase foron elexidos por sorteo para representar aos seus compañeiros e levar os poemas que agora están pendurados das árbores para que disfrutedes lendo estos versos ilustrados.

Distribuir contido