Normalización lingüistica

"Os soños na gaiola" de Manuel María

  Esta semana todo o centro estivo implicado nunha proposta do Equipo de Normalización linguística para achegarnos á obra do poeta da Terra Chá, Manuel María, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. A proposta consistía en que as aulas dos maiores escribían os  poemas nunhas lonetas que os máis pequenos tiñan que decorar.

  Así coñecemos os poemas do carro, o tractor, o caracol, o sol, o foguete, o cuco, a lebre, o ourizo e a bolboreta... que están todos no seu libro "Os soños na gaiola".

 

Gañadoras no concurso de chapas de Normalización

  Andrea e Lucía foron as alumnas gañadoras no concurso convocado polo equipo de Normalización  Lingüística para crear a chapa do Día das Letras Galegas.

O lema gañador foi:

"EN GALEGO. COMO CHE SOA?"

 

Debuxo: Andrea Pequeno Mirás de 1º B
Lema: Lucía Rodríguez Lema de 6º B

Escolma de receitas de cociña

Estimadas familias:

  No colexio queremos facer unha escolma de receitas de cociña relacionadas coa primavera, é dicir, que as receitas inclúan algún ingrediente típico desta época do ano en Galicia, polo que vos animamos a que nestas vacacións de Semana Santa adiquedes un día a cociñar cos vosos fillos e fillas, e logo saborear a vosa creación en familia. Pode ser tanto un prato principal como unha sobremesa, xa que ás veces os doces é o que máis lles gusta aos nenos.

 

    Achegámosvos algunhas ideas sobre froitos de primavera: aguacates, albaricoques, cereixas, ameixas, amorodos, limóns, berenxenas, coliflor, leituga, framboesas, chícharos,... e todos os que vos pasen pola cabeza.

  Só vos pedimos que as receitas estén escritas en lingua galega, coas receitas recibidas, faremos unha selección das máis orixinais ou divertidas e elaboraremos o noso libro de receitas de primavera para a Biblioteca Escolar.

   Este non é un traballo obrigatorio, participade se vos apetece, pero é unha boa ocasión para facer unha actividade diferente cos vosos fillos, a de cociñar, e logo elaborar entre todos a receita, facer un debuxo ou incluso pegar unha fotografía.

   O prazo máximo para entregar as receitas aos titores/as é o día 1 de abril.

 

   Animádevos a compartir as vosas habilidades culinarias con nós e felices vacacións!!!

 O equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Maía.

 

(podedes imprimir aquí a planilla: premendo no arquivo adxunto baixo esta entrada)

 

Actividades de homenaxe do Ceip A Maía a Rosalía de Castro

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

HOMENAXE DO CEIP A MAÍA

Mércores, 24 de febreiro de 2016

 

Educación Infantil:

Vídeo. Os nenos recitan: Vente rapasa”

de Cantares Galegos

Educación Primaria:

Lectura continuada de poemas na Biblioteca “Agustín Fernández Paz”

Organizado polo EDLG, Equipo TICs e Equipo de Biblioteca.

==============================================

Os carteis  coas actividades que organiza o Concello de Ames para o Día de Rosalía. Ver máis información premendo AQUÍ

Día de Rosalía de Castro

Este é o marabilloso vídeo que realizou o alumnado e profesorado de 6º de educación primaria para conmemorar o Día de Rosalía. 

Un mar de persoeiros nas Letras Galegas

   O Equipo de Normalización propuxo a todo o colexio facer  un barco de papel en cada clase e poñer nel  o nome dun dos escritores ou escritoras homenaxeados en edicións anteriores. Despois seleccionamos un poema ou unha frase do autor, e escribímolo nos paneis das entradas tanto en infantil como en primaria...

   E  así , o mar  rematou cheo de barcos nos que navegaban AS NOSAS LETRAS.

  

   Rosalía de Castro foi a primeira homenaxeada no ano 1963

  En 1965 o elixido foi Eduardo Pondal, autor da letra do himno galego.

 

Distribuir contido